Reto de Lectura 2017



O obxectivo é gozar lendo e ao mesmo tempo, facelo o máis variado posible. E se necesitades un incentivo, podemos anunciar que a finais de 2017 sortearemos un agasallo entre todos os que compartades connosco cales foron os 14 libros que escollestes.

Para cumprir o noso reto de lectura podedes compartir connosco en que lecturas estades enfrascados a través de Twitter (@Biblioteca_Lugo), Facebook (@BibliotecaPublicaLugo) e Instagram (@bibliolugo) incluíndo o hashtag #retobibliolugoA principios de decembro colgaremos unha nova entrada no blog para que poidades subir a lista completa coas vosas eleccións e facer así o reconto para o sorteo final.

Sumádesvos ao reto?