venres, 30 de novembro de 2018

Para esta fin de semana recomendamos... Borg McEnroe

Aos seus 24 anos, o tenista sueco Björn Borg (Sverrir Gudnason) conseguira vencer catro Campionatos de Wimbledon consecutivos e tres Roland Garrós. Se gañaba o quinto Wimbledon pasaría á historia. Con tres anos menos, o norteamericano John McEnroe (Shia LaBeouf) postulábase como o único capaz de disputarlle o campionato e o seu trono na clasificación.

Ambos tenistas convertéronse en rivais. O nórdico era calculador e perfeccionista mentres que o norteamericano era impulsivo e temperamental. O torneo de Wimbledon de 1980 foi un partido de tenis lendario onde ambos os deportistas culminaron a súa rivalidade, nun dos episodios máis épicos do deporte.


Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
DRAMA BOR novidades


Desfruta do trailer


(fuente: Sensacine)


xoves, 29 de novembro de 2018

Novidades no fondo de adultos: Ficción

Xa temos o Nadal moi cerquiña, así que aquí vos deixamos algunhas das novidades de ficción que chegaron pola Biblioteca. Poden ser boas ideas de agasallo para estas festas ou simplemente para o voso desfrute! Premendo nas imaxes podédes consultar se están dispoñibles ou ben facer unha reserva dende o catálogo.

Novidades Ficción



mércores, 28 de novembro de 2018

Presentación da obra de Daniel Sisto Rico



Esta tarde, ás 18:30 h. na Sala multiusos,
o autor Daniel Rico Sisto achegaráse á Biblioteca
para presentarnos a súa obra literaria.

Agardámosvos!



martes, 27 de novembro de 2018

Tú no matarás, de Julia Navarro

Fernando, mozo editor fillo dun republicano represaliado, decide fuxir dunha España abatida pola Guerra Civil xunto aos seus amigos Catalina e Eulogio. Os tres son escravos dos segredos que os acompañan e que os empuxan sen remedio a vivir lonxe dos seus.

Unha historia absorbente que nos fala sobre a culpa, a vinganza, o peso da conciencia e as pantasmas que nos perseguen e condicionan as nosas decisións.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N NAV tun novidades histórica






luns, 26 de novembro de 2018

Presentación da obra de Daniel Sisto Rico



O próximo mércores 28
o autor Daniel Rico Sisto achegaráse á Biblioteca
para presentarnos a súa obra literaria.

Será ás 18:30 h. na Sala multiusos.

Agardámosvos!



Obradoiro "A ilusión da ciencia" con Cucarandainas




Nenos de 4 a 12 anos

Inscripción aberta desde hoxe 

20 prazas

Venres 30 - 18:00 - Sala multiusos





Obradoiro para nenos e nenas onde o principal obxectivo é aprender ciencia dunha forma didáctica, sorprendente e divertida. Experimenta connosco e descubriremos os estados da materia e os seus segredos





venres, 23 de novembro de 2018

Presentación do libro "Más alla del Camino"




Santiago Erendi presenta o seu libro

"Más allá del Camino, la gran búsqueda"

Hoxe ás 20:00 h. na sala Montenegro

Agardámosvos!





Para esta fin de semana recomendamos... Maria By Callas

"Gustaríame ser sempre Maria, pero está cálala, da que debo estar á altura", así explicaba María Callas (1923-1977) a súa propia relación entre a súa persoa e a súa lenda. Este documental centrado na figura da inmortal cantante de ópera coñecida como A Divina reúne un valioso material de arquivo, en parte inédito, con gravacións da soprano, fotografías nunca vistas, vídeos persoais, cartas privadas e a presenza dos mellores amigos e colegas da cantante, entre eles Vittorio De Sica, Aristotle Onassis, Pier Paolo Pasolini, Omar Sharif ou Luchino Visconti.

Este retrato íntimo de María Callas é o debut na dirección do fotógrafo Tom Volf.



Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
DOCUMENTAL MAR novidades


Desfruta do trailer


(fuente: Sensacine)


xoves, 22 de novembro de 2018

La jaula de cristal, de Hilary Mantel

Unha muller británica de mediana idade acompaña ao seu esposo enxeñeiro nunha estancia laboral en Jeddah, Arabia Saudita. Desde a súa chegada, a total privación de dereitos das mulleres afectará a súa intimidade e a súa relación cos demais expatriados. Ademais, un misterio que terá lugar nun piso veciño presuntamente baleiro así como a morte por un escuro accidente e un intento de asasinato manterannos alerta ata que a protagonista e o seu marido abandonen o país.

Publicada orixinalmente en 1988, é un thriller sorprendentemente actual baseado nos meses que a autora viviu en Arabia Saudita, estamos ante unha novela de suspense que narra a loita dunha muller occidental por adaptarse á opresiva sociedade saudita e que pon sobre a mesa temas como a corrupción política, o machismo nas sociedades islámicas, o fanatismo relixioso e a loita de culturas entre Oriente e Occidente.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N MAN jau novidades vida cotiá



mércores, 21 de novembro de 2018

Charla "Perspectivas de futuro para a lingua galega"




Mañá, xoves 22, contaremos cunha interesante charla sobre o futuro da lingua galega organizada polo Ateneo Galeguista de Lugo.

Contaremos coa presenza do presidente da Real Academia Galega (RAG), Víctor Fernández Freixanes, e o Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García Gómez.

A entrada será libre ata completar aforo

Mañá, xoves 22 ás 19:00 h. no Salón de Actos

Mesa de conversa en inglés



Mañá, xoves 22, temos unha nova
Mesa de Conversa en Inglés

Vide compartir un rato agradable mentres practicades o idioma, co apoio de Keyla James, voluntaria cultural.

Esperámosvos ás 19:30
na Sala multiusos da Biblioteca.



martes, 20 de novembro de 2018

Certame de poesía infantil "Nadal 2018"



Un ano máis, co patrocinio da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, convocamos o Certame de Poesía Infantil "Nadal 2018".

Nel poden participar todos os nenos e rapaces socios da Biblioteca, con poemas do tema xenérico "O Nadal". Cada neno poderá presentar cantos traballos desexe, cada un deles acompañado dunha solicitude de inscrición. Os poemas deberán estar escritos en galego cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara e poderán presentarse mecanografados, escritos a computador ou a man.

Haberá 3 categorías:

A -- nenos ata 8 anos

B -- nenos de 9 a 11 anos

C -- rapaces de 12 a 16 anos

O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro 22 de decembro, debendo estar entregados na Biblioteca nesa data.

Un xurado escollerá os traballos premiados, cun máximo de tres por categoría, e os gañadores recibirán cadanseu diploma e lote de libros. O veredicto do xurado faráse público na primeira quincena de xaneiro de 2019.

Os traballos premiados nesta Fase Local participarán na Fase Provincial do Certame. Ademáis, os traballos premiados pasarán a ser propiedade da Biblioteca que se reserva o dereito de publicación dos mesmos.


Presentación do libro "Más allá del Camino"

Este venres presentaremos o libro "Más allá del Camino, la gran búsqueda" de Santiago Erendi.

Esta novela preséntase como un libro vital e cheo de contrastes onde se dan a man o relato, a aventura e a experiencia do Camiño.

Ao longo das súas páxinas acompañamos a Iago nun peregrinar no que descubrirá un mundo descoñecido e ao mesmo tempo próximo e familiar, que lle anima a aventurarse no marabilloso universo do novo. Un universo no que, por encima do estar ou o ter, o que conta é o “Ser”.

"Más allá del Camino, la gran búsqueda" infunde ánimo para avanzar cara novos horizontes, cara novas metas que, lonxe de acharse nun futuro por vir, atópanse, a miúdo, neste preciso instante.

Non o dubidedes e achegádevos á Biblioteca este venres 23 ás 18:00 h. na Sala Montenegro


luns, 19 de novembro de 2018

Proxección Películas FullDome - Planetario Ciencia Kids



Proxección das películas
"Topos ¿Qué hay ahí fuera?",
"Polaris, el submarino espacial y el misterio de la noche polar"
e "Climate Change: what future are we facing?" realizadas en formato FullDome.

O formato FullDome é un sistema propio dos sistemas de proxección dos planetarios, que consiste na proxeción con deformación xeodésica dentro dunha estructura de domo, e así consegue unha sensación de inmersión na película.

Un dos soños de educadores, creadores e publicistas é xerar ilusións nas que tanto o alumnado como o espectador se mergullen ata tal punto que non sexan capaces de distinguir se o que están vivindo é realidade ou fición. O FullDome consegue este espectacular efecto.





3 Sesións: 

Topos, ¿Qué hay ahí fuera?
Nenos de 3 a 7 anos
Venres 23 - 17:30 - Sala multiusos
-------------------------------------------------------------------------
Polaris, el submarino especial y el misterio de la noche polar
Nenos de 8 a 10 anos
Venres 23 - 18:30 - Sala multiusos
-------------------------------------------------------------------------
Climate change: what future are we facing?
Nenos de +10 anos
Venres 23 - 19:30 - Sala multiusos
-----------------------------------------------------------------------

Inscripción aberta desde hoxe 

25 prazas por sesión




venres, 16 de novembro de 2018

Para esta fin de semana recomendamos... Han Solo: una historia de Star Wars

Comeza unha nova aventura por unha galaxia moi moi afastada. Nesta viaxe coñeceremos ao bribón máis querido da galaxia. Despois de varias atrevidas fuxidas desde o máis escuro e profundo dos baixos fondos criminais, Han Solo (Alden Ehrenreich) coñece a Chewbacca (Joonas Suotamo), un peludo, robusto e entrañable Wookiee que será o co-piloto do Falcón Milenario. Nesta nova aventura sobre as orixes do contrabandista, Han Solo tamén coñecerá ao famoso xogador Lando Calrissian (Donald Glover). Xuntos iniciarán unha viaxe que canalizará a un dos heroes máis inesperados da saga Star Wars.


Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
C. FICCIÓN HAN novidades


Desfruta do trailer


(fuente: Sensacine)


xoves, 15 de novembro de 2018

16 de novembro, Día das Librarías



Mañá celébrase por oitavo ano consecutivo o Día das Librarías, esas fieis compañeiras na tarefa de encher o mundo de libros e coñecemento.

Da mesma forma que non hai dúas persoas iguais, tampouco as librerías: hainas grandes e pequenas; algunhas dan cabida a moitas materias, outras se especializan nun único tema; hainas que falan linguas; moitas dan acubillo a letras e debuxos para os máis pequenos; outras nos levan detrás da gran pantalla ou nos ofrecen un espazo para tomar un café. Así que xa vedes, hainas para todos os gustos e cores!

Achegádevos mañá e facédelles unha visitiña, na nosa cidade temos grandes librarías e sempre é un pracer engadir novos libros aos nosos andeis.



mércores, 14 de novembro de 2018

Novidades no fondo de adultos: Non-Ficción

Apaixoado do cine? Interesado nas épocas de celtas ou visigodos? Preocupado pola influencia das redes sociais nas nosas vidas? Historia, cociña, literatura, socioloxía... todo tipo de temas están a agardar por vós nos andeis de novidades de non-ficción. Botade un ollo! Premendo nas imaxes podédes consultar se están dispoñibles ou ben facer unha reserva dende o catálogo.

Novidades Non-Ficción



martes, 13 de novembro de 2018

La isla de las últimas voces, de Mikel Santiago

Unha illa perdida no mar do Norte.

O temporal se cerne sobre St. Kilda e case todos fuxiron no último ferry. Non quedan na illa máis de cincuenta persoas, entre eles Carmen, unha muller española que traballa no pequeno hotel local, e un puñado de pescadores. Serán eles quen atope un misterioso contedor metálico xunto aos cantís.

Unha estraña caixa traída polas ondas.

A través duns personaxes cheos de matices e segredos, atrapados no corazón da tormenta, Mikel Santiago exponnos a pregunta que sobrevoa cada páxina da novela...

Ata onde estarías disposto a chegar para sobrevivir?


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N SAN isl novidades intriga e misterio





luns, 12 de novembro de 2018

Espectáculo "A maxia da ciencia"



Para todos os públicos

Ata completar aforo 

Venres 16 - 18:00 - Salón de Actos





José Antonio Godoy móstrache como a maxia e a ciencia fúndense para mostrar o lado asombroso e divertido do coñecemento.

Actividade poderosamente visual e didáctica sobre temas de química, física, matemáticas e bioloxía. Inclúe datos curiosos e sorprendentes, descubrimentos e inventos. Ademais, móstrache as perspectivas e posibilidades de ser un verdadeiro científico.




venres, 9 de novembro de 2018

Para esta fin de semana recomendamos... El aviso

No ano 2008 Jon (Raúl Arévalo) é un tipo obsesionado coas matemáticas que investiga unha serie de asasinatos ocorridos ao longo dos anos exactamente no mesmo lugar. Estas enigmáticas mortes teñen algo en común, parecen seguir un raro patrón numérico. Jon chega á conclusión de que só descifrando esta secuencia será como salve a vida dun neno que corre grave perigo. O problema é que iso vai ocorrer dez anos máis tarde.

Paralelamente, en 2018 Nico (Hugo Arbués) é un neno de dez anos que recibe unha carta cunha ameaza de morte. Pero ninguén na súa contorna parece crerlle. A investigación de Jon será o único que poida salvar ao neno no presente. Sen coñecerse, a vida de ambos se entrelazará. O pasado e o presente crúzanse na carreira a contrarreloxo dun home para salvar a vida dun neno. A realidade non é sempre o que parece.



Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
CINE ESPAÑOL AVI novidades


Desfruta do trailer


(fuente: Sensacine)


mércores, 7 de novembro de 2018

Mesa de conversa en inglés



Mañá, xoves 8, temos unha nova
Mesa de Conversa en Inglés

Vide compartir un rato agradable mentres practicades o idioma, co apoio de Keyla James, voluntaria cultural.

Esperámosvos ás 19:30
na Sala multiusos da Biblioteca.



martes, 6 de novembro de 2018

A merced de un dios salvaje, de Andrés Pascual

«Entre as cepas, unha figura humana. Os brazos caídos, a cabeza cuberta pola carapucha dun xersei. Quixo botar a correr, pero o medo atroz correu máis que el e introduciuse na súa mente, repleta de imaxes do avó ensanguentado, e foi incapaz de moverse. Os pés descalzos, o pantalón do pixama que apenas se mantiña no seu sitio de tan fraco que estaba e aquel tremor que batía os seus dentes mentres a figura achegábase».

Hugo Betancor, un fotógrafo de prensa viúvo e en horas baixas, chega ao pobo vitivinícola de San Vicente da Sonsierra para reclamar a herdanza de Raúl, o seu fillo de once anos afectado por unha enfermidade rara. Desde que ambos poñen un pé en Leira As Brumas, a adega dos avós do neno, todo empeza a torcerse de forma descontrolada.
Vinte anos atrás, un irmán pequeno da nai de Raúl, inquedantemente idéntico a el, desapareceu sen deixar rastro durante unha tormenta. Un suceso que marcou a vida de todo o pobo, cuxos habitantes non foron capaces de liberarse do peso da culpa, do afogo da sospeita… e do temor a que aquela desgraza volva repetirse.

"A merced de un dios salvaje" é un thriller psicolóxico que se desenvolve no corazón da Rioxa, unha carreira contrarreloxo a través de vides idílicas e tradicións milenarias.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N PAS ame novidades intriga e misterio





luns, 5 de novembro de 2018

Aínda podedes participar no noso obradoiro


Este mércores 7 comeza o noso obradoiro "Narrar a esencia" da man de Ana Carreira e aínda temos algunhas prazas dispoñibles. Se queredes participar podedes anotarvos aquí 

Neste obradoiro buscaremos, desde a análise e a práctica narrativa, as claves para crear un microrrelato.

As elipses cargadas de significado, os puntos de tensión como eixo, e o esquematismos dos trazos caracterizadores dos personaxes, serán os elementos básicos nos que nos deteremos para gardar grandes fragancias en frascos pequenos.

Terá lugar os mércores 7, 14 e 21 de novembro de 18:00 a 20:30 h. na Sala multiusos.

Animádevos a participar!



Sígname! Contos en lingua de signos



Nenos de +3 anos

Inscripción aberta desde hoxe 

25 prazas

Venres 9 - 18:00 - Sala multiusos



Narración dun conto acompañado dun intérprete en lingua de signos e un taller de aprendizaxe dos signos do vocabulario máis significativo do conto a través de xogos visuais e de participación.

Coas laretas Ruth Estévez (Interprete) e Fátima Fernández (Narradora)





venres, 2 de novembro de 2018

Para esta fin de semana recomendamos... Campeones

Marco (Javier Gutiérrez) considérase un tipo normal, claro que non é demasiado optimista e ademais ten un medo atroz a crecer de verdade. É o segundo adestrador dun equipo profesional de baloncesto. Tras estrelar o seu coche ao conducir ebrio, vese obrigado a adestrar a un grupo de rapaces con discapacidade intelectual por orde da xuíz. De mala gana comeza o que para Marco significa un traballo forzado. Con todo, canto máis tempo pasa con eles, máis se dá conta de que estes mozos con discapacidade son felices e independentes máis aló da súa enfermidade. Quen é entón o normal?


Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
CINE ESPAÑOL CAM novidades


Desfruta do trailer


(fuente: Sensacine)


Novembro, mes da ciencia en galego nas Bibliotecas