mércores, 31 de outubro de 2018

Novidades no fondo de adultos: Ficción

Mi madriña, menudo frio que vai! Pero nós temos o plan perfecto, e máis cun festivo por diante: mantiña, café e unha boa novela apañan calquera tarde de frio e chuvia. E como sabemos que vos encantan as novidades, aquí unhas poucas... Premendo nas imaxes podédes consultar se están dispoñibles ou ben facer unha reserva dende o catálogo.

Novidades Ficción



martes, 30 de outubro de 2018

El sol y sus flores, de Rupi Kaur



Segundo e poderoso poemario desta autora best-seller. Dividido en cinco movementos (murchar; caer; enraizar; crecer; florecer), este poemario deslízase desde as profundidades dun desamor e a dor que leva ata a forza e a alegría que poden florecer tras ese sufrimento. Un vibrante e transcendental viaxe sobre o crecemento e a curación, a descendencia e a honra polas raíces dun, a expatriación e a procura do fogar nun mesmo.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
P KAU sol novidades






venres, 26 de outubro de 2018

Para esta fin de semana recomendamos... Thelma


Unha nova estudante trasládase a Oslo para continuar os seus estudos. Alí namórase dunha compañeira de clase. Mentres os sentimentos van aparecendo, a moza comeza a descubrir que estes lle producen unhas habilidades que ata entón descoñecía. Unha conexión misteriosa e inexplicable co sobrenatural...



Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
DRAMA THE novidades



Desfruta do trailer


(fuente: Sensacine)


xoves, 25 de outubro de 2018

Último día de inscrición - Obradoiro "Narrar a esencia"


Mañá, venres 26, remata o prazo de inscrición para o noso obradoiro "Narrar a esencia" da man de Ana CarreiraNel buscaremos, desde a análise e a práctica narrativa, as claves para crear un microrrelato.

As elipses cargadas de significado, os puntos de tensión como eixo, e o esquematismos dos trazos caracterizadores dos personaxes, serán os elementos básicos nos que nos deteremos para gardar grandes fragancias en frascos pequenos.

Terá lugar os mércores 7, 14 e 21 de novembro de 18:00 a 20:30 h. na Sala multiusos.

Se queredes participar é preciso anotarse aquí (12 prazas).

Animádevos a participar!



mércores, 24 de outubro de 2018

Mesa de conversa en inglés



Mañá, xoves 25, temos unha nova
Mesa de Conversa en Inglés

Vide compartir un rato agradable mentres practicades o idioma, co apoio de Keyla James, voluntaria cultural.

Esperámosvos ás 19:30
na Sala multiusos da Biblioteca.



24 de Outubro, Día da Biblioteca

O 24 de outubro celébrase en España, como cada ano, o Día da Biblioteca. Unha iniciativa da Asociación Española de Amigos do Libro infantil e Xuvenil que tivo a súa orixe no ano 1997. Desde entón, Amigos do Libro esforzouse en dar a coñecer e recoñecer o labor das bibliotecas, os seus servizos, os seus recursos profesionais e agradecer e recoñecer o labor dos bibliotecarios e as bibliotecarias. 

O pregón deste ano é obra do escritor Gonzalo Moure (Premio Cervantes Mozo 2017) e o cartel foi realizado polo ilustrador Alfonso Zapico, Premio Nacional de Cómic en 2012.

E na Biblioteca non íamos ser menos e non celebrar o noso día como se merece así que temos unha chea de actividades durante toda a semana:

Comezamos o mércores 25 ás 10.00 h. cunha visita escolar de nenos de 4 e 5 anos que desfrutaran de maxia e contos.

Tamén o mércores 25 pero ás 19:30 h. teremos a palestra titulada "A Asamblea de Lugo, acta de nacemento do nacionalismo galego" a cargo de Justo Beramendi, catedrático emérito de Historia Comtemporánea da USC, na que nos falará sobre a formación, compoñentes e xestación de dita asamblea que este ano cumpre o seu centenario.


Xa o xoves 26 contaremos coa reunión do noso club de lectura de adultos ás 18:00 h. e unha nova mesa de conversa en inglés tamén ás 18:00 h.

E finalmente o venres 27 teremos a sesión de contacontos "Basílicamente, as marabillosas ideas do señor Basilio" con Carlos Coira para nen@s de 4 a 12 anos (é preciso inscribirse na sala infantil para participar - 30 prazas) ás 18:00 h.

Pero ademáis de todas estas actividades tamén convidamosvos a participar na campaña #PilladoenlaBiblio organizada polo Observatorio da Lectura e o Libro, na que podedes participar subindo a Twitter ou Instagram unha foto na biblioteca, de vosoutros mesmos ou dos bibliotecarios (co seu permiso, claro), realizando calquera actividade: levando libros en préstamo, lendo, escoitando música, estudando... Ou tamén cousas curiosas que atopastedes na biblioteca, imaxes curiosas, orixinais, tenras... Todo o que se vos ocorra!

Teredes que usar o hashtag #PilladoenlaBiblio e mencionar á bibliotecaEscolleranse 3 gañadores que levarán un lote de libros cada un e haberá outros 3 lotes para as bibliotecas mencionadas, así que todos gañamos. Animádevos a participar!



martes, 23 de outubro de 2018

La peregrina, de Isabel San Sebastián

Ano 827. Na súa pequena corte guerreira, Alfonso II o Casto, rei de Asturias e aliado de Carlomagno, recibe unha extraordinaria noticia: nun bosque próximo a Iria Flavia, alá onde termina o mundo, apareceron os restos do apóstolo Santiago. É posible tal prodixio? O rei decide acudir ao lugar, a fin de aclarar o misterio.

Na comitiva marchan nobres enredados en intrigas, feros soldados, cativos sarracenos, monxes custodios de turbios segredos... un fiel reflexo dese tempo turbulento, cuxo epicentro é un rei determinado a salvar o seu reino. E xunto a el cabalga Alana, coa esperanza de atopar ao seu fillo desaparecido e o desafío de narrar, sen sabelo, a primeira peregrinación xacobea da Historia.

«Chámome Alana. Polas miñas veas corre sangue astur e sangue godo. Sirvo a don Alfonso o Magno, rei de Asturias. Os meus ollos cansos han visto horrores sen conto, pero antes de pecharse para sempre talvez poidan contemplar o lugar onde repousa o apóstolo Santiago»

Unhas reliquias misteriosas, un destino incerto, unha viaxe que sentará os cimentos do camiño máis famoso da cristiandade.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N SAN per novidades histórica





luns, 22 de outubro de 2018

"Basílicamente, as marabillosas ideas do señor Basilio" con Carlos Coira




Nenos de 4 a 12 anos

Inscripción aberta desde hoxe 

30 prazas

Venres 26 - 18:00 - Sala multiusos




Un bibliotecario que leva libros de aquí para alá e un lector curioso que fai preguntas.

Ás veces as respotas están nos libros, outras na súa imaxinación. Xogando coas palabras, preguntámonos como chegan as historias, como se converten en libros e como chegan á biblioteca.

Hai libros de ficción, de divulgación, con debuxos… cos dos señor Basilio Carlos pode soñar, xogar, aprender…





venres, 19 de outubro de 2018

Para esta fin de semana recomendamos... The Florida Project

Moonee (Brooklynn Prince) é unha nena que soña con ir a Disney World. Claro que o máis preto que estivo do emblemático país dos soños é nun motel das aforas de Orlando (Florida), chamado Magic Castle Motel. Alí vive coa súa nova nai Halley (Bria Vinaite), unha muller solteira e á deriva que se busca a vida sempre ao bordo da legalidade.

Moonee pásase o día xogando coa súa amiga Jancey (Valeria Cotto) neste escenario onde o alcol, as drogas e a prostitución son o pano de fondo. O máis parecido que Moonee ten a un pai é Bobby (Willem Dafoe), o xerente do motel, un home cauto e diligente que é un auténtico anxo gardián. Sen dúbida este promete ser un verán inesquecible para Moonee.


Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
DRAMA FLO novidades


Desfruta do trailer


(fuente: Sensacine)


mércores, 17 de outubro de 2018

Novidades no fondo de adultos: Non-Ficción

Interesado en aprender novas técnicas para as túas fotos? Sentes curiosidade polo mundo das matemáticas? Ou tan só pasar un bo rato lendo divertidas anécdotas? Pois iso e máis é o que temos para vós nas nosas novidades de non-ficción. Aqui vos deixamos unha pequena selección. Premendo nas imaxes podédes consultar se están dispoñibles ou ben facer unha reserva dende o catálogo.

Novidades Non-Ficción



martes, 16 de outubro de 2018

Obradoiro "Narrar a esencia"


O próximo mes contaremos cun interesante obradoiro da man de Ana CarreiraNel buscaremos, desde a análise e a práctica narrativa, as claves para crear un microrrelato.

As elipses cargadas de significado, os puntos de tensión como eixo, e o esquematismos dos trazos caracterizadores dos personaxes, serán os elementos básicos nos que nos deteremos para gardar grandes fragancias en frascos pequenos.

Terá lugar os mércores 7, 14 e 21 de novembro de 18:00 a 20:30 h. na Sala multiusos.

Para participar é preciso anotarse aquí (12 prazas). Pecharase a inscrición o venres 26 de outubro.

Animádevos a participar!



luns, 15 de outubro de 2018

Espectáculo "A maxia de Raymon"



Para todos os públicos

Ata completar aforo 

Venres 19 - 18:00 - Salón de Actos



Raymon é un mago especializado en maxia con cubos de rubik. Foi premiado como mellor mago de España na súa categoría en 2016. Formou parte dos programas de televisión Got Talent España e Pura Magia, sendo semifinalista en ambos. 

Nesta ocasión descubrirá un obxecto coñecido por todos, que se cadra é un gran descoñecido: o cubo de Rubik.



15 de Outubro, Día das Escritoras


A Biblioteca Nacional de España celebra por terceiro ano o Día das Escritoras, baixo o tema "Rebeldes e transgresoras". Trátase dunha iniciativa que esta institución organiza, en colaboración coa Federación Española de Mulleres Directivas, Executivas, Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas e Modernas. O obxectivo deste acto é reivindicar o labor e o legado das escritoras ao longo da historia.

Nós quixemos colaborar coa iniciativa elaborando unha guía de escritoras galegas e cunha exposición na entrada da Biblioteca.





Ademáis, queremos convidarvos a que compartades as vosas escritoras favoritas nas redes cos hashtags

#DíaDasEscritoras
#RebeldesETransgresoras

Enchamos as redes de mulleres bravas!


xoves, 11 de outubro de 2018

Para esta fin de semana recomendamos... Gorrión Rojo

Dominika Egorova (Jennifer Lawrence) é unha bailarina do Bolshoi que, tras unha fractura vese obriga a retirarse do mundo da danza. Forzada polas autoridades rusas, como única forma de manter os seus privilexios e os da súa nai enferma, a moza é recrutada polos servizos secretos do seu país. Dominika formará parte dun programa ultrasecreto da KGB chamado Gorrión Vermello. Alí, aprenderá a arte da espionaxe utilizando métodos de sedución, un sistema moi eficaz para sacar información aos informadores inimigos.

O seu primeiro obxectivo será un axente da CIA fincado en Rusia, chamado Nate Nash (Joel Edgerton), que resulta ser quen manexa os activos da organización no lugar. Xunto a él adentraráse nunha espiral de ameazas, enganos e atracción sexual que poñerá en perigo tanto as súas carreiras como a seguridade das súas respectivas nacións.



Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
SUSPENSE GOR novidades


Desfruta do trailer


(fuente: Sensacine)


mércores, 10 de outubro de 2018

Novidades no fondo de adultos: Ficción

Xa sabemos que estes días non se prestan moito a ler con toda a algarabía das festas, pero se vides facernos unha visitiña de seguro que na nosa sección de novidades atoparedes algunha novela do máis interesante coma estas que seleccionamos para vós. Premendo nas imaxes podédes consultar se están dispoñibles ou ben facer unha reserva dende o catálogo.

Novidades Ficción



martes, 9 de outubro de 2018

A cita da semana


luns, 8 de outubro de 2018

El rey recibe, de Eduardo Mendoza

Barcelona, 1968. Rufo Batalla recibe o seu primeiro encargo como plumilla nun xornal: cubrir a voda dun príncipe no exilio cunha bela señorita da alta sociedade. Coincidencias e malentendidos lévanlle a trabar amizade co príncipe, que lle encomenda, entre outras cousas, escribir a crónica da súa peculiar historia. O opresivo ambiente da gris España franquista pronto quedará pequeno para Rufo, que viaxará a Nova York con pouco diñeiro, grandes esperanzas e o difuso obxectivo de facer algo emocionante coa súa vida.

Rufo Batalla será testemuña dos fenómenos sociais dos anos setenta, como a igualdade racial, o feminismo, o movemento gai ou o desprazamento dos grandes centros culturais e derívaa da cultura cara a novas formas de expresión, fenómenos que en boa parte fixeron do presente o que é hoxe. E deixará constancia, non tanto dos feitos como da forma en que o viviron quen os presenciou.


Coa coñecida unión de mestría narrativa e refinamiento estilístico do autor, personaxes reais e imaxinarios, típicos do universo de Eduardo Mendoza, danse a man nesta novela, brillante inicio da triloxía "As Tres Leis do Movemento", que percorrerá os principais acontecementos da segunda metade do século XX.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N MEN rey novidades histórica





xoves, 4 de outubro de 2018

Felices festas a todos!


Para esta fin de semana recomendamos... Una razón brillante

Pierre Mazrd (Daniel Auteuil) é profesor na Universidade de Assas e coñecido por ser impulsivo e descoidado. Isto cambiará cando no seu camiño crúcese Neïla Salah (Camélia Xordana), unha nova estudante que soña con ser avogada dunha importante institución. Para redimirse da súa mala conduta, Mazard propoñerase preparar a Neïla para o prestixioso concurso de elocuencia. Ambos terán que superar os seus prexuízos se queren alcanzar as súas metas.


Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
COMEDIA RAZ novidades


Desfruta do trailer


(fuente: Sensacine)


martes, 2 de outubro de 2018

Senlleiras, de Antía Yáñez

A novela das mulleres que rachan co silencio.

Unha influencer sobe unha foto ás redes sociais onde aparece unha man fantasma. Xusto unha semana máis tarde, a moza é atopada morta.

A partir deste fío técense as vidas de varias mulleres de diferentes séculos. Mulleres que tiveron que vivir as súas vidas supeditadas ás dos seus homes, baixo as estritas normas non escritas (ou si) que as sinalaban como inferiores. Mulleres que, cando intentaron recuperar o único que lles pertencía por dereito, a súa vida, viron como ata esta lles podía ser arrebatada.

Tempos que semellan totalmente diferentes, pero que non o son tanto. Mulleres senlleiras que merecen ser lembradas.


Premio de Narrativa Illa Nova 2018


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
G-N YAÑ sen novidades vida cotiá


luns, 1 de outubro de 2018

Exposición "Programas do San Froilán"




Se estes días visitades a Biblioteca poderédes desfrutar da exposición bibliográfica dos programas de festas do San Froilán, con exemplares dende o ano 1904.