venres, 17 de agosto de 2018

Para esta fin de semana recomendamos... Lady Bird

Sacramento, California, ano 2002. Unha nova chamada Christine McPherson (Saoirse Ronan), alcumada como Lady Bird, enfróntase ao seu último ano no instituto. O seu desexo é conseguir unha praza na universidade, nun ambiente cosmopolita, para así empezar unha nova vida lonxe dos suburbios. Pero antes terá que aprender a relacionarse coa súa nai (Laurie Metcalf), unha muller obstinada que traballa incansablemente como enfermeira para manter á boia á súa familia despois de que o pai de Lady Bird (Tracy Letts) perda o seu traballo. A nova estudante tamén terá que sobrevivir ás súas desventuras académicas e sentimentais cos seus compañeiros de clase, e é que, as súas emocións están a flor de pel.


Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
DRAMA LAD novidades


Desfruta do trailer


(fuente: Sensacine)


Ningún comentario: