venres, 24 de agosto de 2018

Para esta fin de semana recomendamos... Yo, Tonya

Década dos anos 90. Tonya Harding (Margot Robbie) é unha prometedora patinadora artística estadounidense, a segunda na historia capaz de completar en competición un salto de triplo axel. Claro que, Tonya tamén se fixo famosa por un dos escándalos máis sensacionais na historia do deporte. En 1994 o seu principal rival para os Xogos Olímpicos de Lillehammer era o seu compatriota Nancy Kerrigan (Caitlin Carver). Pouco antes do inicio da competición, Kerrigan sufriu un infame ataque por un matón a soldo, que tentou romperlle o xeonllo. A sombra da sospeita recae entón sobre a contorna de Tonya, desde o seu ex marido Jeff Gillooly (Sebastian Stan) ata o seu gardacostas, Shawn Eckhardt (Paul Walter Hauser). O matrimonio verase entón envolvido en problemas legais e foi así como comezou a decadencia da carreira de Harding.


Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
DRAMA YOT novidades


Desfruta do trailer


(fuente: Sensacine)


Ningún comentario: