venres, 10 de agosto de 2018

Para esta fin de semana recomendamos... La forma del agua

Estados Unidos, ao redor de 1963. É a Guerra Fría e a carreira militar e espacial está no seu punto máis álxido. A solitaria Elisa (Sally Hawkins) é unha empregada da limpeza que traballa nun oculto laboratorio dentro dunhas instalacións de alta seguridade do goberno. Atrapada nunha vida chea de silencio e illamento, a súa vida cambia por completo ao descubrir xunto coa súa compañeira Zelda (Octavia Spencer) un experimento clasificado como secreto. Trátase dun ser enigmático: un home-peixe único, unha auténtica anomalía natural, que vive encerrado e é vítima de diversos experimentos. Elisa empeza entón a sentir simpatía por este estraño ser e establécese unha forte conexión entre ambos. Pero o mundo real non é un lugar seguro para un home destas características.


Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
FANTÁSTICO FOR novidades


Desfruta do trailer


(fuente: Sensacine)


Ningún comentario: