martes, 7 de agosto de 2018

La señora Fletcher, de Tom Perrota

Eve Fletcher é unha muller divorciada de pouco máis de corenta anos que vive nunha tranquila cidade de Nova Jersey. Agora que o seu fillo acábase de ir de casa para empezar a universidade pensa que chegou o momento de dedicarse un pouco máis a si mesma, de aproveitar todo o tempo que ten á súa disposición. Eve apuntarase a un curso universitario sobre «xénero e sociedade», onde coñecerá a xente en grao sumo variada, obrigarase a cultivar novas amizades, descubrirá a pornografía na internet e as aplicacións de citas, e fará cousas que meses atrás parecésenlle inconcibibles.

Mentres, Brendan, o seu fillo, darase conta de que a súa idea do que sería a peripecia universitaria estaba completamente obsoleta e de que a vida no campus está moi lonxe dos estereotipos que imaxinara.

Nesta novela, Tom Perrotta –uno dos escritores norteamericanos con máis talento para captar a plácida existencia suburbana– constrúe unha divertidísima sátira sobre a vida actual, un certeiro e enxeñoso fresco sobre o sexo, o amor e a identidade no século XXI.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N PER señ novidades vida cotiá





Ningún comentario: