martes, 14 de agosto de 2018

7-7-2007, de Antonio Manzini

Non é aventurado sospeitar que o carácter áspero e mordaz do subxefe Rocco Schiavone é a coraza dun home que vive atormentado pola culpa e está posuído pola ira e a dor. Nesta quinta entrega da serie —que escalou unha vez máis ao primeiro posto de vendas en Italia— revélase por fin o escuro pasado de Rocco en Roma, onde, baixo a aparente normalidade do traballo cotián e do seu amor inquebrantable por Mariña, a súa muller, o incorrixible policía cultiva un armazón de amizades e lealdades perigosas que, ao cabo, supoñerán a súa perdición.

O verán de 2007, en plena canícula romana, Rocco sofre unha forte sacudida que o deixa aparvado e desconsolado: Mariña marchouse de casa, triste e desenganada tras descubrir que o elevado tren de vida que levan baséase nos trapicheos de Rocco e os seus amigos da infancia. Sumido na desesperación, o subxefe debe investigar a morte de dous estudantes de Dereito, asasinados de forma tan violenta que todos os indicios apuntan a un axuste de contas. Despois de semanas de intensas pescudas, nas que logra destapar as conexións internacionais dunha rede de narcotraficantes, Rocco obtén a información suficiente para interceptar un cargamento de droga. Con todo, aínda que o ignora, acaba de dar un paso decisivo cara ao precipicio: ao asestar o golpe de graza á trama criminal, asinou unha sentenza de morte cuxo legado será unha guerra sen cuartel que se dilatará durante dez anos ata alcanzar as frías paraxes de Aosta.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N MAN sie novidades intriga e misterio





Ningún comentario: