luns, 4 de xuño de 2018

R.E.A.D. Cans e Letras



Nenos de 5 a 12 anos

Inscripción aberta desde hoxe 

Venres 8 - Dúas quendas

18:00 h. - 6 prazas
19:00 h. - 6 prazas


Este venres contamos cunha novidade nas nosas actividades: Cans e Letras, o programa de lectura con cans de maior éxito no mundo.

E que é R.E.A.D., Cans e Letras? O obxectivo inicial de R.E.A.D. é a mellora das habilidades de lectura nos nenos, aínda que a súa potencia como ferramenta terapéutica ve moito máis alá. A experiencia demostrou a eficacia de R.E.A.D. noutros ámbitos, fundamentais para o correcto e satisfactorio desenvolvemento do neno: autoestima, seguridade en si mesmo, relaxación, atención, motivación, relación cos demais.


Trátase en definitiva dun programa de lectura para nenos con cans adestrados, que emprega un método diferente pero moi eficaz: ler a un can.




R.E.A.D. naceu en EE.UU. en 1.999, na Biblioteca Pública de Salt Lake City (Utah, USA). Os seus creadores "Intermountain Therapy Animals" foron os pioneiros na implementación dun programa destas características, que estenderon por todo o mundo. 

Nora é a estrela canina que nos acompañará este día coa lectura. Nora é unha perrita moi alegre que pode estar horas xogando coa pelota ou calquera xoguete que lle lances, ela tráecho ao momento.

Esta actividade está indicada para nenos entre 5 e 12 anos, e é totalmente gratuíta. Para participar é necesario inscribirse na sala infantil. Teremos dúas quendas, ás 18:00 e ás 19:00 h., con 6 prazas 
en cada unha delas.

Animádevos, Nora esta agardando polas vosas historias!




Ningún comentario: