venres, 8 de xuño de 2018

Para esta fin de semana recomendamos... Molly's Game

A enigmática e brillante Molly Bloom (Jessica Chastain), despois de abandonar o esquí profesional, decide mudarse a Los Ángeles coa intención de conseguir un traballo como camareira e gozar do cálido clima durante un tempo. Por un cúmulo de casualidades, ademais das súas habilidades empresariais sen explotar, Bloom empezou a organizar as máis exclusivas apostas de póker clandestinas nas que participaban estrelas de Hollywood, deportistas, empresarios e a mafia rusa.

Durante unha década foi a impulsora deste imperio de partidas de póker, ata que o FBI investigouna polas súas conexións co crime. O prestixioso avogado Charlie Jaffey (Idris Elba) será a súa única posibilidade para librarse do cárcere.


Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
DRAMA MOL novidades


Desfruta do trailer


(fuente: Sensacine)


Ningún comentario: