martes, 5 de xuño de 2018

Contra la lectura, de Mikita Brottman

Dixéronche que non podías subliñar nin dobrar as páxinas dos libros.
Dixéronche que tiñas que ler un clásico do século XVIII aos doce anos.
Dixéronche que iso que lías polas noites era lixo.
Dixéronche que nunca podías deixar un libro a medias.
Dixéronche que os lectores son boas persoas.
Dixéronche que xa ninguén le como antes.
Dixéronche que os libros che farían amar a vida.


E ti non podes evitar ler. Pero quizá o fas boli en man e en pixama, quizais coñeciches a grandes lectores que eran malas persoas e quizá a túa vida paréceche aburrida comparada coas túas novelas favoritas.

Contra a lectura é un texto apaixonado e liberador a favor dos que, a pesar de todo, len. E contra os pedantes que din que aman os libros, pero en realidade só conseguen que o mundo aborreza a lectura.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
028 BRO con novidades





Ningún comentario: