xoves, 10 de maio de 2018

Vengaré tu muerte, de Carme Riera

«Canto me contaban non era máis que unha maneira de enlear a madeixa para convertela nunha tupida cortina de fume.»

Movida por un sentido de culpabilidade que non lle abandonou nos últimos tempos, a ex detective privada Elena Martínez rememora un caso que investigou hai varios anos e no que sabe que contribuíu a condena de persoas inocentes.

En 2010, cando en España a festa do diñeiro fácil e a corrupción está en pleno auxe, a protagonista recibe o encargo de investigar a estraña desaparición do empresario catalán Robert Solivellas. Pero por baixo dese mar escuro corre un río aínda máis tenebroso: o da total degradación daqueles que, escudados tras o poder económico e político, cren poder actuar na súa vida persoal e nos negocios con total impunidade.

Carme Riera regresa, tras "Naturaleza casi muerta", á novela de intriga con este thriller policiaco no que, coa mestría que caracteriza a súa literatura, dinamita as convencións do xénero negro co humor, a ironía e a crítica social.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N RIE ven novidades intriga e misterio





Ningún comentario: