martes, 15 de maio de 2018

La ciudad de la lluvia, de Alfonso del Río

No Bilbao de principios dos anos oitenta, tres misteriosas mortes unirán os destinos de varias personaxes sen conexión aparente. Alain Lara, un mozo e prometedor xogador do Athletic, descobre unha vella fotografía dos anos corenta que o seu avó Rodrigo mantivera sempre oculta. De todos as personaxes que aparecen nela Alain recoñece ao seu avó, xunto a un tamén novo Ignacio Aberasturi, o gran empresario bilbaíno e actual candidato á presidencia do Banco do Norte. A repentina e estraña coincidente desaparición de ambos, xunto con outros sucesos, levarao a unha investigación que se remontará a un pasado oculto.

Nun intento por entender o que sucede, Alain contactará con María, a filla e herdeira do imperio Aberasturi, e xunto a ela tecerán os fíos do pasado que uniron ás súas familias nos anos do Berlín nazi, en busca de respostas. Pero o que obterán serán máis preguntas, máis dúbidas, máis sospeitas.


Que puido unir fai máis de corenta anos a estes dous homes cuxas vidas nunca máis volveron cruzarse? Quen son os demais personaxes que aparecen retratados xunto a eles? Quen e por que anda detrás deles?


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N RIO ciu novidades intriga e misterio





Ningún comentario: