xoves, 31 de maio de 2018

Filek: el estafador que engañó a Franco, de Ignacio Martínez de Pisón

A esfameada España de 1939 estivo a piques de converterse na principal potencia exportadora de petróleo. Iso polo menos é o que Franco cría entón e o que pronto a prensa do réxime encargaríase de pregoar aos catro ventos. Un químico austriaco chamado Albert von Filek, inventor dun combustible sintético que mesturaba extractos vexetais con auga do río Xarama, puxera a súa fórmula secreta ao servizo do engrandecemento da nova España despois de rexeitar xenerosas ofertas das grandes compañías petroleiras. Protexido e adulado polo réxime, Filek gozou de estímaa dos seus máis altas personalidades ata que unha simple análise química desvelou o engano e provocou o seu ingreso en prisión.

Filek aparecera en Madrid en 1931. Aínda que para entón tiña xa un longo historial delituoso ás súas costas, non pasaba de ser un pequeno estafador. Ignacio Martínez de Pisón segue o seu rastro por arquivos e hemerotecas de media ducia de países ata centrarse na súa etapa española, na que un golpe do destino converte brevemente nun triunfador a este pícaro da vella escola, un sobrevivente nato, un individuo con moitos dotes de persuasión pero moi poucos escrúpulos.


Desde o inicio da súa carreira delituosa ata a súa morte en Hamburgo en 1952, Albert von Filek foi testemuña, protagonista e ás veces vítima dalgúns dos episodios máis convulsos da historia de Europa do pasado século.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N MAR fil novidades histórica





Ningún comentario: