venres, 11 de maio de 2018

Entrega de agasallos


O próximo mércores, 16 de maio, teremos entrega de agasallos!

E quen son os afortunados?

Pois para comezar, todos os nenos e nenas participantes a través da Biblioteca no concurso "Un conto de H. C. Andersen en banda deseñada", convocado​ pola OEPLI e a súa sección GALIX.

Dende aquí queremos felicitalos polos seus traballos, e invitalos a visitarnos o día 16 de maio, ás 18:00 h. para recibir un agasallo pola súa participación.

E tamén, ás 18:30 h., faremos entrega dun agasallo ao gañador do noso concurso de recomendacións de libros e banda deseñada, cuxo sorteo terá lugar o martes 15 de maio.



Ningún comentario: