xoves, 26 de abril de 2018

Xornada sobre Conservación e Restauración de Bens Culturais


O próximo mércores 2 de maio teremos unha xornada divulgativa sobre conservación e restauración de bens culturais, na que contaremos coa presenza de:

Sonia Seco Lanzós
Conservadora - restauradora de bens arqueolóxicos.
Docente da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia (ESCRBCG).

Blanca Besteiro García
Licenciada en Belas Artes, Especialidades: Restauración obras de Arte e Gravado.
Restauradora no Museo Provincial de Lugo.

Carmen Faíña Puig
Restauradora do Arquivo Histórico de Lugo
Especialista en escultura e documento gráfico

Ás 11:30 h. no Salón de Actos


Ningún comentario: