venres, 13 de abril de 2018

Para esta fin de semana recomendamos... Detroit

Verán de 1967. Detroit, a quinta cidade máis grande de Estados Unidos nese momento. Unha redada nun bar clandestino situado nun barrio negro da cidade, onde se celebraba a volta da guerra de Vietnam de varios combatentes, é o detonante dos disturbios e vandalismo xeneralizado que tiveron lugar durante cinco días nunhas revoltas cidadás en contra da constante acción policial racista.

Durante unha desas noites de disturbios do mes de xullo de 1967, no Motel Algiers, un grupo de mozos afroamericanos e dúas mozas brancas sufriron os abusos de varios policías abertamente racistas e violentos, empeñados en que dentro dese hotel escondíase un francotirador.



Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
POLITICO DET novidades


Desfruta do trailer


(fuente: Sensacine)


Ningún comentario: