venres, 20 de abril de 2018

Para esta fin de semana recomendamos... La gran enfermedad del amor

Despois dunha repentina primeira cita, todo parece indicar que a cousa entre Kumail (Kumail Nanjiani) e Emily (Zoe Kazan) vai quedar nun encontro dunha soa noite. Pero a relación entre ambos empeza a avanzar, a pesar das súas diferenzas culturais, xa que a familia del é moi tradicional e busca para o seu fillo un matrimonio concertado.

Nun xiro do destino, cando Kumail e Emily están a tomarse un descanso debido tanta presión, ela cae nun coma inducido vítima dunha estraña enfermidade. É entón cando Kumail decide permanecer ao seu lado, esperando a que esperte, e será cando coñeza aos pais dela.


Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
ROMÁNTICO GRA novidades


Desfruta do trailer


(fuente: Sensacine)


Ningún comentario: