martes, 3 de abril de 2018

Llámame por tu nombre, de André Aciman

Nunha localidade da costa de Italia, durante a década dos oitenta, a familia de Elio instaurou a tradición de recibir no verán a estudantes ou creadores novos que, a cambio de aloxamento, axudasen ao cabeza de familia, catedrático, nos seus compromisos culturais.

Oliver é o elixido este verán, un novo escritor norteamericano que pronto excita a imaxinación de Elio. Durante as seguintes semanas, os impulsos ocultos de obsesión e medo, fascinación e desexo intensificarán a súa paixón.


"Llámame por tu nombre" foi galardoada co Lambda Literary Award, mellor Libro do Ano segundo The Washington Post e Publishers Weekly e é a novela na que se basea a película "Call me by your name".


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N ACI lla romántica





Ningún comentario: