mércores, 25 de abril de 2018

GaliciaLe, a plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas



Aproveitando a celebración internacional do Día do Libro e dos Dereitos de Autor, a Secretaría Xeral de Cultura presentou os novos contidos de GaliciaLe, a plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas.


GaliciaLe púxose en marcha o 20 de outubro de 2014 proporcionando un servizo de préstamo temporal de libros en formato dixital de temáticas diversas e hoxe a plataforma dá un paso máis nos seus servizos poñendo en marcha o préstamo de películas e videos documentais do Catálogo Galego. Trátase dunha colección de preto de 80 títulos das principais productoras galegas que estarán dispoñibles para a súa visualización a través de GaliciaLe.

Para dar a coñecer estes novos contidos e seguir afianzando o préstamo de obras en formato electrónico a través da plataforma, ponse en marcha unha campaña de difusión co lema "A Biblioteca vai contigo"

Ningún comentario: