luns, 9 de abril de 2018

"Comerá o bebé?" con Cris de Caldas & Xabi do Camiño



Nenos de 0 a 3 anos

Inscripción aberta desde hoxe 

20 prazas

Venres 13 - 18:00 - Ludoteca



Esta é a dúbida que se lle plantexa a calquera pai/nai que se enfronta a cotío co reto de alimentar ao seu bebé.

Unha dúbida que provoca que o adulto teña que exprimir a súa imaxinación para dar con aquel xogo, con aquel conto ou con aquel canto que faga o momento da comida máis atractivo.

E esta dúbida é a que fai de fío condutor deste proxecto de animación á lectura. Un proxecto que, ao igual que o adulto acode á súa imaxinación e aos seus recordos para atopar un momento de sosego que facilite a inxesta, utiliza os contos e a música para chegar ao seu obxectivo.



Ningún comentario: