xoves, 19 de abril de 2018

23 de Abril, Día do Libro


Con motivo do Día do Libro, 23 de Abril, na Biblioteca contaremos con distintas actividades:

Venres 20


"Contiario" con Os Contos de Pablísimo
Ás 18:00 h. no Salón de Actos.
Un espectáculo para toda a familia (maiores de 4 anos)



Presentación do libro "Destellos" de Ari Alonso
Ás 18:00 h. na Sala Montenegro.


Luns 23



Visitas guiadas para todo o que queira achegarse
Ás 12:30 e ás 18:00 h.


Recoméndanos un libro ou cómic que che guste,
que che pareza interesante ou simplemente apetéceche ler.

Poden participar os maiores de 18 anos, e poderedes facer as vosas aportacións premendo aquí ou a través dos impresos que temos a vosa disposición na Biblioteca,
do 23 de abril ao 16 de maio.

O sorteo celebraráse o 16 de maio e a entrega de premios terá lugar o 17 de maio as 12:00 horas no stand da Biblioteca na Feira do Libro de Lugo.

Anímadevos a participar!


Ademáis, enviaremos os debuxos dos nenos de primaria e primeiro ciclo de secundaria que participaron a través da Biblioteca no concurso "Un conto de H. C. Andersen en banda deseñada", convocado​ pola OEPLI e a súa sección GALIX.

Que pasedes un gran Día do Libro!


Ningún comentario: