mércores, 28 de marzo de 2018

Certame de Narración e Debuxo Infantil "Letras Galegas 2018"

Como en anos anteriores, convocamos o noso Certame de Narración e Debuxo Infantil "Letras Galegas 2018".

Poden participar tódos os nenos e rapaces socios da Biblioteca, en dúas modalidades: Narración e Debuxo. E o tema escollido este ano é "Como cambiou o conto ou Como darlle unha volta ao conto tradicional: o lobo vexetariano?, Carrapuchiña feroz?, Cincento no canto de Cincenta?, unha Bela que nunca dorme?"



As narracións deberán ser en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara; e os debuxos deberán estar feitos sobre cartolina de tamaño aproximado ó DIN-A4.

Cada neno poderá presentar cantos traballos desexe (mecanografados, escritos a computador ou a man; neste último caso sempre a bolígrafo e nunca a lapis), acompañando cada un deles cunha folla cos seus datos persoais. Haberá 3 categorías:

A -- nenos ata 8 anos

B -- nenos de 9 a 11 anos

C --- rapaces de 12 a 16 anos


Fase Local

O prazo de presentación dos traballos da Fase Local remata o vindeiro 8 de maio, debendo estar entregados na Biblioteca nesa data.

O xurado, que estará formado por persoas entendidas na materia, seleccionará por cada modalidade (debuxo e narración) e categoría (A, B e C) un máximo de 3 traballos. Os seleccionados daránse a coñocer antes do Día das Letras Galegas.

Os traballos premiados nesta Fase Local participarán na Fase Provincial do Certame, convocada pola Biblioteca, co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. 


Fase Provincial

Nesta fase participarán os traballos seleccionados nas respectivas fases locais das bibliotecas municipais da provincia de Lugo. Cada biblioteca poderá presentar un máximo de tres traballos por modalidade e categoría. O prazo de presentación dos mesmos remata o vindeiro 30 de maio.

O xurado seleccionará por cada modalidade (debuxo e narración) e categoría (A, B e C) un máximo de 3 traballos, que daránse a coñocer durante a primeira quincena de xuño, e recibirán cadanseu lote de libros. Ademáis, os traballos premiados en ambas fases pasarán a ser propiedade da Biblioteca que se reserva o dereito de publicación dos mesmos.





Ningún comentario: