mércores, 28 de marzo de 2018

Certame de Narración e Debuxo Infantil "Letras Galegas 2018"

Como en anos anteriores, convocamos o noso Certame de Narración e Debuxo Infantil "Letras Galegas 2018".

Poden participar tódos os nenos e rapaces socios da Biblioteca, en dúas modalidades: Narración e Debuxo. E o tema escollido este ano é "Como cambiou o conto ou Como darlle unha volta ao conto tradicional: o lobo vexetariano?, Carrapuchiña feroz?, Cincento no canto de Cincenta?, unha Bela que nunca dorme?"



As narracións deberán ser en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara; e os debuxos deberán estar feitos sobre cartolina de tamaño aproximado ó DIN-A4.

Cada neno poderá presentar cantos traballos desexe (mecanografados, escritos a computador ou a man; neste último caso sempre a bolígrafo e nunca a lapis), acompañando cada un deles cunha folla cos seus datos persoais. Haberá 3 categorías:

A -- nenos ata 8 anos

B -- nenos de 9 a 11 anos

C --- rapaces de 12 a 16 anos


Fase Local

O prazo de presentación dos traballos da Fase Local remata o vindeiro 8 de maio, debendo estar entregados na Biblioteca nesa data.

O xurado, que estará formado por persoas entendidas na materia, seleccionará por cada modalidade (debuxo e narración) e categoría (A, B e C) un máximo de 3 traballos. Os seleccionados daránse a coñocer antes do Día das Letras Galegas.

Os traballos premiados nesta Fase Local participarán na Fase Provincial do Certame, convocada pola Biblioteca, co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. 


Fase Provincial

Nesta fase participarán os traballos seleccionados nas respectivas fases locais das bibliotecas municipais da provincia de Lugo. Cada biblioteca poderá presentar un máximo de tres traballos por modalidade e categoría. O prazo de presentación dos mesmos remata o vindeiro 30 de maio.

O xurado seleccionará por cada modalidade (debuxo e narración) e categoría (A, B e C) un máximo de 3 traballos, que daránse a coñocer durante a primeira quincena de xuño, e recibirán cadanseu lote de libros. Ademáis, os traballos premiados en ambas fases pasarán a ser propiedade da Biblioteca que se reserva o dereito de publicación dos mesmos.





martes, 27 de marzo de 2018

A donde tú vayas iré, de Victoria Dana

Na tradición das grandes historias que nos achegaron ao Medio Oriente, "A donde tú vayas, iré" é un prodixioso relato que se nutre da cosmovisión bíblica e que fascinará aos lectores de novelas como "El callejón de los milagros", de Naguib Mahfuz, "El niño de arena", de Tahar Ben Jelloun, "El librero de Kabul", de Å sne Seierstad, ou "Cometas en el cielo", de Khaled Hosseini.

Siria, 1912. Latife, unha fermosa nena de oito anos, vive cos seus pais na bela cidade de Damasco. A pesar de pertencer á -aínda- opulenta comunidade xudía, a súa familia vese condenada á miseria e ao ostracismo debido a que a súa nai xamais puido concibir un fillo home. Tras a repentina morte da súa nai e o abandono do seu pai, a sorte depáralle ser acollida na casa dun rico benefactor, onde atopa a tranquilidade e, tras converterse en muller, tamén o amor.

A guerra, produto do desmoronamiento do Imperio Otomán, pon fin á liberdade e á paz dos sirios, arrasando ao seu paso coa mítica cidade de Damasco. A última oportunidade de Latife para reencontrar a felicidade depende dunha gran viaxe a un destino moi afastado: México será a Terra Prometida non só para Latife e a súa familia, senón para varios habitantes do Sham, quen terá que reaxustar a súa vida a novas e estrañas tradicións, a pesar da dor e a incerteza que isto leva.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N DAN ado novidades





luns, 26 de marzo de 2018

Aviso: Pechamos o sábado 31


sábado 31 a Biblioteca permanecerá pechada debido a tarefas de desinsectación.

Sentimos as molestias que poidamos ocasionar.


venres, 23 de marzo de 2018

Para esta fin de semana recomendamos... Blade Runner 2049

Pasaron 30 anos desde os acontecementos ocorridos en Blade Runner (1982). O axente K (Ryan Gosling), un '"blade runner" caza- Replicantes do Departamento de Policía de Los Ángeles, descobre un segredo que estivo enterrado durante moito tempo e que ten o potencial de levar á sociedade ao caos. A súa investigación conduciralle á procura do lendario Rick Deckard (Harrison Ford), un antigo blade runner en paradoiro descoñecido, que leva desaparecido 30 anos.


Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
C. FICCIÓN BLA novidades


Desfruta do trailer


(fuente: Sensacine)


xoves, 22 de marzo de 2018

Concurso "Un conto de H.C. Andersen en banda deseñada"


Queremos recordarvos que con motivo do Día Internacional do Libro Infantil (2 de Abril),  a OEPLI convoca o concurso "Un conto de H. C. Andersen en banda deseñada", e aínda estades a tempo de participar...

Poden participar todos os lectores e lectoras que estean a cursar Primaria ou primeiro ciclo de Secundaria, a través do seu centro docente ou dende a nosa biblioteca. Tan só hai que escoller un libro de Hans Christian Andersen e debuxalo en forma de viñetas. Nas bases podédes consultar todos os requisitos.


Os traballos deberán presentarse na Biblioteca antes das 21:00 h. do xoves 19 de abril de 2018. Haberá un premio para cada unha das seguintes categorías e ámbitos lingüísticos: 

Primeiros lectores (1º, 2º e 3º de Primaria)
Lectorado avanzado (4º, 5º e 6º de Primaria)
Superlectores (1º e 2º de Secundaria)

Animádevos a participar!


mércores, 21 de marzo de 2018

Cando un libro te atrapa de verdade...


martes, 20 de marzo de 2018

Un amor, de Alejandro Palomas

No reducido universo familiar de Amalia e os seus tres fillos, Silvia, Emma e Fer, a engrenaxe móvese ao ritmo desacompasado das emocións. É unha familia típica, e sobre todo, moi real. Un cosmos cocido ao lume lento de varias entregas que ataron a miles de lectores. Pero chega un día cume nas súas vidas. Emma vai casar e todos se mergullan nas tarefas e os remuíños de organizar a mellor voda. A noite previa á cerimonia, unha chamada rompe a harmonía familiar. Silvia, Emma, Fer e outros parentes conxúranse para poder celebrar á vez o aniversario de Amalia, que coincide inevitablemente coa data da voda. 24 horas de acelerón emocional que poñerán a proba a todos e cada un e ao mesma engrenaxe familiar.

Un novo exercicio de virtuosismo emocional. Unha literatura que chega polo plexo e se inocua directamente aos sentimentos. Alejandro Pombas estende a súa xa variada paleta de cores para dotar aos seus personaxes dos matices, rumbos e trazos que os achegan aos lectores e estes recoñecémolos como a propios nos seus particulares universos familiares.

Premio Nadal de Novela 2018

Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N PAL amo novidades vida cotiá





luns, 19 de marzo de 2018

Obradoiro "Aprendendo a contar unha historia en viñetas"


O próximo mes e con motivo do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil teremos un obradoiro para pequenos do máis divertido: "Aprendendo a contar unha historia en viñetas" 

Da man da ilustradora Noemí López os nenos deseñarán personaxes dun conto de Andersen e pasarán a viñetas as escenas máis importantes do conto. Ademáis farase unha interpretación da historia a través do debuxo e da arte secuencial.

Os asistentes ao obradoiro participarán cos seus debuxos no concurso da OEPLI

Este obradoiro está dirixido a nen@s de 6 a 8 anos, e para participar é necesario inscribirse no mostrador da sala infantil (20 prazas) dende hoxe.

A actividade terá lugar o venres 6 de abril ás 18:00 h.  Agardámosvos!

"O ratiño presumido" con Trinketrinke Teatro



Todos os públicos
(maiores de 4 anos)

Entrada libre ata completar aforo

Venres 23 - 18:00 - Salón de Actos




A gran Lilí Gruyère, a artista máis internacional de todas as ratiñas e ratiños de Lonxedetodo, vén de recibir un importante encargo profesional: a dirección do Musical "A Ratiña Presumida", para o que contará coa axuda do seu amigo e veciño o Rato Fuco.

Nesta ocasión Lilí decide facer a súa propia versión: "O Ratiño Presumido", que será representado na biblioteca polos país, nais ou mestras asistentes e polo propio Fuco.

Como é habitual nos contos tradicionais, tamén o conto de "A ratiña presumida" fomenta os estereotipos de xénero e as ideas sexistas.

Nesta actividade dramatizaremos o conto de "O Ratiño presumido" dándolle a volta ao conto clásico para amosar a un ratiño (o Rato Fuco) que disfruta cantando e limpando a súa casa e para visibilizar a unhas mulleres (mamás ou profesoras do público) empoderadas, que non teñen ningún problema en tomar a iniciativa e propoñer elas o matrimonio ao ratiño.






venres, 16 de marzo de 2018

Para esta fin de semana recomendamos... La reina Victoria y Abdul

Gran Bretaña, ano 1887. Con motivo da celebración dos 50 anos de reinado de Réinaa Vitoria (Judi Dench), o mozo Abdul Karim (Ali Fazal) viaxa desde a India á corte británica para participar no Xubileu. Coñecido como 'O Munshi', Abdul desempeñará o cargo de secretario indio, e en apenas uns meses converterase nun dos personaxes máis influentes na vida de Vitoria. Entre ambos se acabará forxando un afecto especial, aínda que esta estreita amizade será mal recibida dentro da Casa Real, debido ao cambio de mentalidade que comeza a darse na raíña. Karim acabará sendo nomeado Secretario da India, cargo que exerceu durante os últimos 15 anos de vida da monarca. Unha historia sobre como a amizade pode cambiar a vida dunha persoa.


Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
DRAMA REI novidades


Desfruta do trailer


(fuente: Sensacine)


xoves, 15 de marzo de 2018

Descobre TumbleBook


E que é TumbleBook? Pois é un recurso online proporcionado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte a través da Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria que pon a disposición do público infantil e xuvenil unha colección completa de libros ilustrados en liña.

Nel podedes atopar libros animados, con ilustracións que falan, para ensinar aos nenos máis pequenos os praceres da lectura nun formato que lles encantará, en castelán, inglés e francés, ademáis de vídeos, xogos e crebacabezas.

Este servizo permite promocionar a lectura entre o público infantil e xuvenil, aprender novos idiomas xa que os e-books pódense consultar en español, inglés, francés..., estimular capacidades cognitivas e lingüísticas a partir da lectura e do xogo, e é accesible a usuarios con discapacidade visual, xa que se trata de audiolibros en liña. Botádelle unha ollada!



mércores, 14 de marzo de 2018

Mesa de conversa en inglés



Mañá, xoves 15, temos unha nova Mesa de Conversa en Inglés

Vide compartir un rato agradable mentres practicades o idioma, co apoio de Keyla James, voluntaria cultural.

Esperámosvos ás 19:30
na Sala multiusos da Biblioteca.



martes, 13 de marzo de 2018

Concurso "Un conto de H.C. Andersen en banda deseñada"


Con motivo do Día Internacional do Libro Infantil (2 de Abril),  a OEPLI e as súas seccións: Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX), Consejo General del Libro Infantil y Juvenil, Consell Català del Llibre Infantil i Juvenil (ClijCAT) e Galtzagorri Elkartea, co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, convoca o concurso "Un conto de H. C. Andersen en banda deseñada".

Poden participar todos os lectores e lectoras que estean a cursar Primaria ou primeiro ciclo de Secundaria, a través do seu centro docente ou dende a nosa biblioteca. Tan só hai que escoller un libro de Hans Christian Andersen e debuxalo en forma de viñetas. Nas bases podédes consultar todos os requisitos.


Os traballos deberán presentarse na Biblioteca antes das 21:00 h. do xoves 19 de abril de 2018. Haberá un premio para cada unha das seguintes categorías e ámbitos lingüísticos: 

Primeiros lectores (1º, 2º e 3º de Primaria)
Lectorado avanzado (4º, 5º e 6º de Primaria)
Superlectores (1º e 2º de Secundaria)

Animádevos a participar!


luns, 12 de marzo de 2018

"Poesía sen idade" con Servando Barreiro



Nenos de 4 a 12 anos

Inscripción aberta desde hoxe 

30 prazas

Venres 16 - 18:00 - Sala multiusos



Convidámosche a coñecer e gozar a poesía, a descubrir a tradición oral dos recitais, e coñecer como se atopa máis preto do que pensamos.

Servando Barreiro ponlle música aos nosos poetas.



venres, 9 de marzo de 2018

Para esta fin de semana recomendamos... Dunkerque


En plena Segunda Guerra Mundial, centos de miles de británicos e tropas aliadas atópanse rodeados polas forzas inimigas na cidade francesa de Dunkerque. Atrapados na praia co mar ás súas costas, enfróntanse a unha situación imposible mentres o exército contrario achégase. A película relata a Operación Dinamo, tamén coñecida como o milagre de Dunkerque, unha complicada operación de evacuación do destacamento aliado en territorio francés que tivo lugar a finais de maio de 1940. Esta operación permitiu o rescate de máis de 200.000 soldados británicos e máis de 100.000 franceses e belgas.



Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
BÉLICO DUM novidades


Desfruta do trailer


(fuente: Sensacine)


xoves, 8 de marzo de 2018

Novidades no fondo de adultos: Non-Ficción

Con estes días tan grises que estamos a ter, que mellor que aprender sobre novos temas cunha das nosas novidades de non-ficción. Novas moedas dixitais, biografías de grandes persoeiros, curiosidades sobre o cerebro, recetas do máis saborosas... todo un mundo ao voso alcance. Premendo nas imaxes podédes consultar se están dispoñibles ou ben facer unha reserva dende o catálogo.

Novidades Non-Ficción



mércores, 7 de marzo de 2018

Mesa redonda "Narrar na esencia"


Esta tarde temos unha interesante mesa redonda sobre microrelatos e as súas aplicacións didácticas baixo o título "Narrar na esencia"

Contaremos coa participación de:

Ana Carreira, titulada superior en Arte Dramática na especialidade de Dirección Escénica e Dramaturxia pola ESAD de Galicia.
María José Viz Blanco,  autora de dúas obras do xénero da microliteratura: Creaciones mínimas (Ojos Verdes Ediciones, 2016) e Instantes hallados (Ojos Verdes Ediciones, 2017).
Arantza Portabales, autora de obras do xénero da microliteratura: A Celeste la compré en un rastrillo (Bululú, 2015).
Jesús Garabato Rodríguez, autor de microrrelatos, textos publicados en distintos foros de internet e prensa.

Ás 18:00 h. no Salón de Actos da Bibiloteca.

A entrada será libre ata completar aforo.

Agardámosvos!


martes, 6 de marzo de 2018

El día que se perdió el amor, de Javier Castillo

«Ás veces o amor ponche no camiño equivocado para que saibas canto doe».

Ás doce da mañá do 14 de decembro, unha moza chea de mazaduras preséntase espida nas instalacións do FBI de Nova York con varias notas amareladas na man. O inspector Bowring, xefe da Unidade de Criminología, tentará descubrir que oculta a nova e a súa conexión con outro caso, o dunha muller que aparece decapitada horas máis tarde e cuxo nome coincide co que estaba escrito nunha das notas. A medida que avance na investigación darase conta de que este caso abre antigas feridas difíciles de cicatrizar.

Despois do éxito irresistible de "El día que se perdió la cordura", con máis de 100.000 exemplares vendidos e unha gran acollida internacional, Javier Castillo regresa cunha nova novela que explora os límites do amor. Adictiva, trepidante e absorbente, "El día que se perdió el amor" é unha inxección de adrenalina, unha experiencia única de lectura, un thriller diferente e adictivo que dá continuidade ao fenómeno editorial do ano.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N CAS dia novidades intriga e misterio





luns, 5 de marzo de 2018

Obradoiro "Facemos a nosa casa" con Cucarandainas



Nenos de 4 a 12 anos
(acompañados dun adulto)

Inscripción aberta desde hoxe 

15 prazas

Venres 9 - 18:00 - Sala multiusos



Neste obradoiro faremos a casa dos nosos soños, unha actividade sinxela para realizar conxuntamente entre pais e fillos.

O obxectivo deste obradoiro é desenvolver a imaxinación, a creatividade, traballar a plasticidade fina e a destreza ademais de fomentar a comunicación entre os membros da familia.



venres, 2 de marzo de 2018

Para esta fin de semana recomendamos... Su mejor historia

En Londres, en plena Segunda Guerra Mundial, un grupo de cineastas recibe o encargo de realizar unha película patriótica que levante o ánimo das tropas neses momentos cruciais. Mentres a aviación nazi bombardea a cidade, o equipo ponse ao choio para rodar o filme perfecto que conmova aos espectadores ingleses. 

Para logralo contratan a Catrin Cole (Gemma Arterton), unha secretaria convertida a guionista de produtos propagandísticos, que terá que escribir o libreto da cinta mentres lida cos seus compañeiros, todos homes que non verán con bos ollos a intervención dunha muller. Neste ambiente coñecerá ao guionista Tom Buckley (Sam Claflin) e ao veterano actor vindo a menos Ambrose Hilliard (Bill Nighy). Os tres enfrontaranse a multitude de retos e interferencias políticas mentres tentan facer algo con significado neses tempos de guerra.


Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
COMEDIA SUM novidades


Desfruta do trailer


(fuente: Sensacine)


xoves, 1 de marzo de 2018

Mesa redonda "Narrar na esencia"


O próximo mércores, 7 de marzo, teremos unha interesante mesa redonda sobre microrelatos e as súas aplicacións didácticas baixo o título "Narrar na esencia"

Contaremos coa participación de:

Ana Carreira, Titulada superior en Arte Dramática na especialidade de Dirección Escénica e Dramaturxia pola ESAD de Galicia. 

María José Viz Blanco, autora de dúas obras do xénero da microliteratura:Creaciones mínimasOjos Verdes Ediciones, 2016) e Instantes hallados (Ojos Verdes Ediciones, 2017). 

Arantza Portabales, autora de obras do xénero da microliteratura: A Celeste la compré en un rastrillo (Bululú, 2015). 

Jesús Garabato Rodríguez, autor de microrrelatos, textos publicados en distintos foros de internet e prensa. 

O mércores 7, ás 18:00 h. no Salón de Actos da Bibiloteca.

A entrada será libre ata completar aforo.

Agardámosvos!