venres, 9 de febreiro de 2018

Xornada divulgativa "Investigadoras no canto de princesas"

O día 19 de febreiro celebraremos unha xornada divulgativa con motivo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Contaremos con tres novas científicas que compartirán as súas experiencias con rapaces e rapazas de 14 a 16 anos. E estamos moi contentos de comunicar que xa cubrimos todas as prazas! Moitas grazas a todos os que ides participar e polo interese!




Ningún comentario: