venres, 9 de febreiro de 2018

Para esta fin de semana recomendamos... Colossal

Despois de que o seu noivo abandónea e de perder o seu traballo, Gloria (Anne Hathaway) decide deixar Nova York e volver ao lugar onde pasou a súa infancia, unha pequena cidade afastada do mundanal ruído de Manhattan. Grazas ao seu reencontro con Óscar (Jason Sudeikis), antigo amigo de adolescencia, a moza conseguirá retomar a súa vida.

Mentres, as noticias informan de que un xigantesco monstro está a destruír a cidade de Seúl e causando numerosas baixas na poboación. Será entón cando Gloria descubra, sorprendida, que a súa mente está conectada, de forma sobrenatural, coa desta colosal criatura, polo que deberá poñer as súas ideas en orde se non quere seguir sendo unha ameaza para a humanidade.


Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
FANTÁSTICO COL novidades


Desfruta do trailer


(fuente: Sensacine)


Ningún comentario: