venres, 23 de febreiro de 2018

Para esta fin de semana recomendamos... Déjame salir

Chris (Daniel Kaluuya) é un mozo e exitoso fotógrafo afroamericano que, desde fai cinco meses, sae con Rose ( Allison Williams), unha moza branca. Aínda que non está do todo convencido, Chris termina cedendo á invitación de Rose de coñecer á súa familia. A parella fará unha escapada de fin de semana e viaxarán ata a casa dos seus pais, Dean ( Bradley Whitford) e Missy ( Catherine Keener), que descoñecen por completo que o mozo é de raza negra.

Ao principio todo é amable e politicamente correcto. Pero Chris non tardará en descubrir segredos e mentiras, sobre todo en relación cos dous misteriosos empregados afroamericanos que viven no casarón. A medida que avanza o fin de semana, unha serie de inquietantes descubrimentos levaranlle a coñecer unha realidade que nunca imaxinaría.



Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
TERROR DEJ novidades


Desfruta do trailer


(fuente: Sensacine)


Ningún comentario: