martes, 6 de febreiro de 2018

Obradoiro de escritura "Narrar a esencia"


Este mes contaremos cun interesante obradoiro da man de Ana CarreiraNel buscaremos, desde a análise e a práctica narrativa, as claves para crear un microrrelato.

As elipses cargadas de significado, os puntos de tensión como eixo, e o esquematismos dos trazos caracterizadores dos personaxes, serán os elementos básicos nos que nos deteremos para gardar grandes fragrancias en frascos pequenos.

Terá lugar os mércores 21 e 28 de febreiro de 18:00 a 20:00 h. na Sala multiusos.

Para participar é preciso anotarse aquí (12 prazas). Pecharase a inscrición o venres 16 de febreiro.

Animádevos a participar!



Ningún comentario: