xoves, 15 de febreiro de 2018

Damas oscuras: cuentos de fantasmas de escritoras victorianas eminentes

Que fai que as historias victorianas de pantasmas sexan tan perfectas para ler á calor dunha cheminea nunha noite escura? Historias de mansións abandonadas, de viaxes en coches de cabalos por páramos abatidos, de castelos en cantís, de belas mulleres sepulcrais, de escuras historias familiares nas que os antepasados non acaban de irse de todo… Un xénero no que algunhas eminentes damas novelistas, especialistas no arrepiante, marcaron tendencia. As vinte e unha historias incluídas neste volume abarcan o reinado da raíña Vitoria e contan con achegas de autoras clásicas como Charlotte Brontë, Elizabeth Gaskell, Margaret Oliphant ou Willa Cather, xunto con outras non tan coñecidas pero non por iso menos especialistas no tenebroso e o sobrenatural. Ambientados nas montañas de Irlanda, nunha vila mediterránea ou nunha tétrica mansión de Londres, estes relatos evidencian a fascinación victoriana pola morte e polo que había máis aló, con atmosferas suxestivas, enxeño e moito, moito humor.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N DAM novidades terror





Ningún comentario: