mércores, 10 de xaneiro de 2018

Mañá celebramos o Día do Usuario


Como xa vos avanzamos a semana pasada, mañá xoves 11 de xaneiro celebramos o Día do Usuario na Biblioteca, e convidámosvos a participar nas actividades conmemorativas:

Nomearemos aos nosos "Socios de Honra 2018", que serán aqueles 3 usuarios infantís e 3 usuarios adultos con máis préstamos durante o ano 2017, os nosos “Superlectores”!!

Ao longo deste ano, estes “Superlectores” poderán retirar en préstamo un maior número de obras:

- Socio de Honra Adulto: ata 25 exemplares para escoller entre 10 libros prestables de adultos, 10 libros prestables infantís, 15 materiais especiais (música, películas, xogos de ordenador e de videoconsola), e 6 publicacións periódicas prestables.
- Socio de Honra Infantil: ata 20 exemplares para escoller entre 10 libros prestables infantís, 15 materiais especiais (música, películas, xogos de ordenador e de videoconsola), e 6 publicacións periódicas prestables.

A condición de "Superusuario" terá unha duración dun ano, ata o vindeiro Día do Usuario no 2019. Ademáis incrementaremos o número de obras que se poden levar en préstamo durante este día para todos os lectores e lectoras que se acheguen a Biblioteca a celebrar esta conmemoración:

- Adultos: ata 25 exemplares para escoller entre 10 libros prestables de adultos, 10 libros prestables infantís, 15 materiais especiais (música, películas, xogos de ordenador e de videoconsola) e 6 publiciacións periódicas prestables.

- Público infantil: ata 20 exemplares para escoller entre 10 libros prestables infantís, 15 materiais especiais e 6 publicacións periódicas prestables.

Sen olvidar que todos os usuarios e usuarias poderán solicitar ese día 2 obras en préstamo intrabibliotecario.

Ás 19:00 h., no Salón de Actos, tamén contaremos coa proxección do documental "Concepción espacial da enerxía" presentado por José Luis Defez Schmidt. Este documental "mostra a concepción espacial da Enerxía, representando en imaxes as rexións unitarias desta e a súa influenza no Espazo-Tempo, gobernado todo iso por unha Lei. Esas rexións unitarias, aparecen bautizadas co nome de Unidades Cuánticas Elementais, abreviadamente UCE." Trátase dunha obra de investigación científica, nova, que pon de manifesto a relación que existe entre a Enerxía e o Espazo dando como resultado o trinomio Espazo-Tempo-Enerxía.

Para rematar teremos visitas guiadas ás 12:00 e ás 18:00 h., abertas a todo o público que desexe coñecer os servizo, espazos e coleccións que ofrece a nosa Biblioteca.


Ningún comentario: