xoves, 4 de xaneiro de 2018

Día do Usuario


O próximo xoves 11 de xaneiro celebramos o Día do Usuario na Biblioteca, e convidámosvos a participar nas actividades conmemorativas:

Nomearemos aos nosos "Socios de Honra 2018", que serán aqueles 3 usuarios infantís e 3 usuarios adultos con máis préstamos durante o ano 2017, os nosos “Superlectores”!!

Ao longo deste ano, estes “Superlectores” poderán retirar en préstamo un maior número de obras:

- Socio de Honra Adulto: ata 25 exemplares para escoller entre 10 libros prestables de adultos, 10 libros prestables infantís, 15 materiais especiais (música, películas, xogos de ordenador e de videoconsola), e 6 publicacións periódicas prestables.
- Socio de Honra Infantil: ata 20 exemplares para escoller entre 10 libros prestables infantís, 15 materiais especiais (música, películas, xogos de ordenador e de videoconsola), e 6 publicacións periódicas prestables.

A condición de "Superusuario" terá unha duración dun ano, ata o vindeiro Día do Usuario no 2019.
Ademáis incrementaremos o número de obras que se poden levar en préstamo durante este día para todos os lectores e lectoras que se acheguen a Biblioteca a celebrar esta conmemoración:

- Adultos: ata 25 exemplares para escoller entre 10 libros prestables de adultos, 10 libros prestables infantís, 15 materiais especiais (música, películas, xogos de ordenador e de videoconsola) e 6 publiciacións periódicas prestables.

- Público infantil: ata 20 exemplares para escoller entre 10 libros prestables infantís, 15 materiais especiais e 6 publicacións periódicas prestables.

Sen olvidar que todos os usuarios e usuarias poderán solicitar ese día 2 obras en préstamo intrabibliotecario.

Para rematar teremos visitas guiadas ás 12:00 e ás 18:00 h., abertas a todo o público que desexe coñecer os servizo, espazos e coleccións que ofrece a nosa Biblioteca.


Ningún comentario: