mércores, 31 de xaneiro de 2018

Mesa de conversa en inglés



Mañá, xoves 1, temos unha nova Mesa de Conversa en Inglés

Vide compartir un rato agradable mentres practicades o idioma, co apoio de Keyla James, voluntaria cultural.

Esperámosvos ás 19:30
na Sala multiusos da Biblioteca.



luns, 29 de xaneiro de 2018

"PAZicontos. Contos para coidar a paz" con Anxo Moure





Nenos de 4 a 12 anos

Inscripción aberta desde hoxe 

30 prazas

Venres 2 - 18:00 - Ludoteca



Co galo da celebración do Día Escolar da Paz, lembrando o pasamento de Mathama Ghandi, contaremos historias solidarias interpretadas con artesanías do comercio xusto.



venres, 26 de xaneiro de 2018

Para esta fin de semana recomendamos... Abracadabra

Carmen (Maribel Verdú) leva unha vida tranquila como ama de casa xunto ao seu marido Carlos (Antonio Da Torre), no seu fogar no madrileño barrio de Carabanchel, pero parece que el ten algún que outro problema co primo dela. O devandito chámase Pepe (José Mota), aínda vive cos seus pais, traballa nun supermercado e dedica o seu tempo libre ao hipnotismo.

Cando este hipnotista amateur realiza un dos seus shows durante unha voda, Carlos fai todo o posible para tentar arruinar o espectáculo. Nese momento Pepe decidirá hipnotizar ao marido da súa prima Carmen como vinganza, logrando que un espírito aprópiese do corpo de Carlos. Conseguirá volver ser o de antes? Poderá Carmen recuperar o seu amor?


Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
CINE ESPAÑOL ABR novidades


Desfruta do trailer


(fuente: Sensacine)


mércores, 24 de xaneiro de 2018

Que vas a hacer con el resto de tu vida, de Laura Ferrero

Con trinta anos Laura deixa á súa parella e abandona Eivissa para mudarse a Nova York. A súa mocidade estivo marcada pola relación co seu pai, un home intolerante; a súa nai, que desapareceu para regresar cinco anos despois; e Pablo, o seu irmán, que atopa na pintura a maneira de loitar contra a enfermidade mental que padece.

En Nova York, Laura empeza a traballar nunha editorial e a asistir ás clases que Gael, un misterioso coñecido da súa nai, imparte na Universidade de Columbia.

Quen é Gael? Que sabe el de todo o que ocorreu na súa familia?


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N FER que novidades vida cotiá





martes, 23 de xaneiro de 2018

Estamos de reformas...


Durante os meses de xaneiro, febreiro e marzo, a Biblioteca estará en obras de restauración para mellorar as súas instalacións e servizos.

Queremos pedir disculpas polas molestias que estas obras están a ocasionar ao público usuario.

Así mesmo, somos conscientes de que estas datas non son adecuadas para a planificación de obras destas características polo que correxiremos este erro de organización en vindeiros proxectos de reformas sempre que nolo permitan as esixencias das obras a emprender.


Novidades no fondo de adultos: Non-Ficción

Novos propósitos neste novo ano? Nas nosas novidades de non-ficción poderedes atopar todo tipo de xéneros e temas para saciar as vosas inquietudes. Premendo nas imaxes podédes consultar se están dispoñibles ou ben facer unha reserva dende o catálogo.

Novidades Non-Ficción



luns, 22 de xaneiro de 2018

Obradoiro "Actores de papel" con Noemí López



Nenos de 4 a 12 anos

Inscripción aberta desde hoxe 

20 prazas

Venres 26 - 18:00 - Sala multiusos




Con motivo do Día da Ilustración, nesta actividade darase a coñecer en qué consiste este mundo. Será unha actividade práctica na que a ilustradora amosará unha serie de técnicas que os rapaces poderán seguir para saber trasladar o imaxinario dunha historia ao papel (creación de personaxes e escenarios de ficción). 







venres, 19 de xaneiro de 2018

Para esta fin de semana recomendamos... La seducción

Un soldado da Unión é ferido de gravidade durante a guerra civil estadounidense, pero, tras ser atopado por unha moza, é acollido e protexido na escola feminina na que ela estuda. Alí recuperarase mentres acaba coa tranquilidade do lugar, pois tentará seducir ás mulleres que alí residen. Aínda que, tras un terrible accidente, a súa situación complicarase aínda máis e terminará cambiando a súa actitude.

Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
DRAMA SED novidades



Desfruta do trailer


(fuente: Sensacine)


xoves, 18 de xaneiro de 2018

A nena do abrigo de astracán, de Xabier P. Docampo

A vila de Ribadaínsua é narradora e protagonista dos acontecementos dramáticos dos últimos meses de 1947, que algúns quixeron agochar, para amosar aos seus habitantes como aniñara o mal entre eles e como os abranguera dunha forma asfixiante.

Don Amancio, o crego que todo o controla; Agustina, a muller que pretende trazar o destino dos que a rodean; Isidoro, o alfaiate mártir; Engracia, Xaquina ou Paulina, mulleres afoutas que se queren donas da súa propia vida… son algúns dos personaxes centrais desta novela de vidas esquecidas. Mais no medio de todos eles, emerxe Susana, a nena que observa e sofre a realidade que lle irá abrindo os ollos nunha perda dramática da inocencia infantil. As sesións no cinema de Ribadaínsua serán camiño de coñecemento do mundo real que se lle oculta. Ten o cinema pola cousa máis fermosa e importante da súa vida, o que lle di como é o mundo de verdade, o que está alén de Ribadaínsua.

Novela de longo alento, traballada ao longo de máis de quince anos, "A nena do abrigo de astracán" reflicte un mundo que, aparentemente afastado, dá explicación de como todo se constrúe e controla desde a toma do poder e o dominio do territorio onde se exerce. Obra memorable e conmovedora, sitúa ao seu autor como un dos clásicos contemporáneos da nosa narrativa.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
G-N DOC nen novidades


Exemplar tamén dispoñible na plataforma



mércores, 17 de xaneiro de 2018

Mesa de conversa en inglés



Mañá, xoves 18, temos unha nova Mesa de Conversa en Inglés

Vide compartir un rato agradable mentres practicades o idioma, co apoio de Keyla James, voluntaria cultural.

Esperámosvos ás 19:30
na Sala multiusos da Biblioteca.



martes, 16 de xaneiro de 2018

Novidades no fondo de adultos: Ficción

Algún incluíu nos propósitos do novo ano ler máis? Pois na Biblioteca estanvos agardando algunhas estupendas historias. Por un 2018 cheo de lecturas! Premendo nas imaxes podédes consultar se están dispoñibles ou ben facer unha reserva dende o catálogo.

Novidades Ficción



luns, 15 de xaneiro de 2018

"Sana, sana, curita de rana" con Teresa Grau




Nenos de 0 a 3 anos

Inscripción aberta desde hoxe 

20 prazas

Venres 19 - 18:00 - Ludoteca




Todos, pequenos e maiores necesitamos curitas para as feridas da alma: tristura, medos, decepcións...

Cúranse a través dos contos. Os contos sanan.







venres, 12 de xaneiro de 2018

Xa temos aos gañadores...



... da Fase Local do Certame de Poesía Infantil "Nadal 2017". Estes son os nomes dos nosos mellores poetas nas diferentes categorías:

Categoría A (ata 8 anos)

1º premio - Lara Valcárcel Fernández (7 anos)

2º premio - Angella García Uriz (7 anos)

3º premio - Nour Kellouchi Allaoni (7 anos)


Categoría B (de 9 a 11 anos)

1º premio - Laura López Carral (10 anos)

2º premio - Ángel Herrero Pérez (11 anos)

3º premio - Eva Vázquez Martínez (9 anos)


Categoría C (de 12 a 16 anos)

1º premio - Nuria Devesa Núñez (13 anos)


Aquí podedes desfrutar das poesías gañadoras



A entrega de premios terá lugar o venres 19 ás 18;00 h. no Salón de ActosParabéns aos gañadores e noraboa polos excelentes traballos presentados por todos os participantes!


Os nosos poetas do Nadal

Queremos compartir convosco as poesías participantes no Certame de Poesía Infantil "Nadal 2017", a ver que vos parecen...







Na sala de audiovisuais... Estados unidos del amor

Na Polonia dos anos 90 están a producirse cambios importantes coa caída do réxime comunista. É unha época de euforia pola liberdade, pero tamén de incerteza ante o futuro. Nestes anos de cambio, Agata é unha nova nai atrapada nun infeliz matrimonio e Renata unha vella profesora fascinada pola súa veciña Marzena (unha ex modelo que ten ao seu marido traballando en Alemaña), cuxa irmá Iza é a directora dun centro educativo que se namora do pai dun dos seus alumnos.


Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
DRAMA EST novidades


Desfruta do trailer


(fuente: Sensacine)


xoves, 11 de xaneiro de 2018

Noraboa aos nosos Superlectores!


Estos son os nomes dos nosos "Superlectores 2018"

Adultos:
Francisco Javier González Rodríguez
Mª Ángeles Rodríguez Grandela
Marta Pérez Sanfíz
Camila Perera Carmenate (xuvenil)

Como Socio de Honra Adulto poderán levar ata 25 exemplares para escoller entre 10 libros prestables de adultos, 10 libros prestables infantís, 15 materiais especiais (música, películas, xogos de ordenador e de videoconsola), e 6 publicacións periódicas prestables.

Infantil:
Nuno López Varela
Pedro Bellón Vecino
Paula Suárez-Gómez Barreiro
Gael Martínez Rodríguez

Que como Socio de Honra Infantil poderán levar ata 20 exemplares para escoller entre 10 libros prestables infantís, 15 materiais especiais (música, películas, xogos de ordenador e de videoconsola), e 6 publicacións periódicas prestables.

A condición de "Superlector" terá unha duración dun ano, ata o vindeiro Día do Usuario no 2019. 

mércores, 10 de xaneiro de 2018

Mañá celebramos o Día do Usuario


Como xa vos avanzamos a semana pasada, mañá xoves 11 de xaneiro celebramos o Día do Usuario na Biblioteca, e convidámosvos a participar nas actividades conmemorativas:

Nomearemos aos nosos "Socios de Honra 2018", que serán aqueles 3 usuarios infantís e 3 usuarios adultos con máis préstamos durante o ano 2017, os nosos “Superlectores”!!

Ao longo deste ano, estes “Superlectores” poderán retirar en préstamo un maior número de obras:

- Socio de Honra Adulto: ata 25 exemplares para escoller entre 10 libros prestables de adultos, 10 libros prestables infantís, 15 materiais especiais (música, películas, xogos de ordenador e de videoconsola), e 6 publicacións periódicas prestables.
- Socio de Honra Infantil: ata 20 exemplares para escoller entre 10 libros prestables infantís, 15 materiais especiais (música, películas, xogos de ordenador e de videoconsola), e 6 publicacións periódicas prestables.

A condición de "Superusuario" terá unha duración dun ano, ata o vindeiro Día do Usuario no 2019. Ademáis incrementaremos o número de obras que se poden levar en préstamo durante este día para todos os lectores e lectoras que se acheguen a Biblioteca a celebrar esta conmemoración:

- Adultos: ata 25 exemplares para escoller entre 10 libros prestables de adultos, 10 libros prestables infantís, 15 materiais especiais (música, películas, xogos de ordenador e de videoconsola) e 6 publiciacións periódicas prestables.

- Público infantil: ata 20 exemplares para escoller entre 10 libros prestables infantís, 15 materiais especiais e 6 publicacións periódicas prestables.

Sen olvidar que todos os usuarios e usuarias poderán solicitar ese día 2 obras en préstamo intrabibliotecario.

Ás 19:00 h., no Salón de Actos, tamén contaremos coa proxección do documental "Concepción espacial da enerxía" presentado por José Luis Defez Schmidt. Este documental "mostra a concepción espacial da Enerxía, representando en imaxes as rexións unitarias desta e a súa influenza no Espazo-Tempo, gobernado todo iso por unha Lei. Esas rexións unitarias, aparecen bautizadas co nome de Unidades Cuánticas Elementais, abreviadamente UCE." Trátase dunha obra de investigación científica, nova, que pon de manifesto a relación que existe entre a Enerxía e o Espazo dando como resultado o trinomio Espazo-Tempo-Enerxía.

Para rematar teremos visitas guiadas ás 12:00 e ás 18:00 h., abertas a todo o público que desexe coñecer os servizo, espazos e coleccións que ofrece a nosa Biblioteca.


martes, 9 de xaneiro de 2018

El resto de sus vidas, de Jean-Paul Didierlaurent

Ambrose é un bo rapaz, guapo e de boa familia. Só ten un defecto: o seu traballo consegue que todos estornuden…ou saian correndo. É embalsamador e sabeo todo sobre cadáveres, sobre a súa reacción ao osíxeno e ao tempo, e tenta mantelos en bo estado polo menos ata que pase o velorio.

Ambrose coñece a Monelle, unha coidadora de anciáns, como Samuel, xudío supervivinte dun campo de concentración alemán, a quen detectaron unha enfermedad terminal. Por iso, decide marchar a Suiza para que lle practiquen a eutanasia, e Ambrose e Monelle deciden acompañalo.

Nesa alocada viaxe que levaráos a percorrer Europa, Ambrose descubrirá que o diagnóstico de Samuel foi equivocado e que a morte do ancián non é, polo momento, inminente.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N DID res novidades vida cotiá





luns, 8 de xaneiro de 2018

Proxección do documental "Concepción espacial da enerxía"


O próximo xoves día 11, coincidindo coa celebración do Dia do Usuario, teremos a proxección do documental "Concepción espacial da enerxía" presentado por José Luis Defez Schmidt.

Este documental "mostra a concepción espacial da Enerxía, representando en imaxes as rexións unitarias desta e a súa influenza no Espazo-Tempo, gobernado todo iso por unha Lei. Esas rexións unitarias, aparecen bautizadas co nome de Unidades Cuánticas Elementais, abreviadamente UCE."


Trátase dunha obra de investigación científica, nova, que pon de manifesto a relación que existe entre a Enerxía e o Espazo dando como resultado o trinomio Espazo-Tempo-Enerxía.

Non o dubidedes e achegádevos!


"Contos violetas para nenos e nenas de todas as cores" con Olga Cuervo



Nenos de 4 a 12 anos

Inscripción aberta desde hoxe 

30 prazas

Venres 12 - 18:00 - Ludoteca



Cambiar a visión do mundo a través dos contos.

Neste contacontos narraránse varias pezas que poñen o acento sobre as relacións de igualdade desde a infancia, tratando ao mesmo tempo valores como a convivencia, a igualdade ou a empatía entre outros.



venres, 5 de xaneiro de 2018

Na sala de audiovisuais... Un don excepcional

Frank Adler (Chris Evans) é un home solteiro que está a criar á súa sobriña Mary ( Mckenna Grace), unha nena de sete anos cunhas extraordinarias habilidades para as matemáticas. A súa avoa Evelyn (Lindsay Duncan) sábeo ben. Mentres Frank tenta que a súa sobriña leve unha vida normal, como calquera neno da súa idade, e que goce da súa infancia, Evelyn ten outros plans para a nena, e pretende potenciar as súas habilidades. Como consecuencia, Frank verase obrigado a loitar desesperadamente pola súa custodia.


Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
DRAMA DON novidades


Desfruta do trailer


(fuente: Sensacine)


xoves, 4 de xaneiro de 2018

Día do Usuario


O próximo xoves 11 de xaneiro celebramos o Día do Usuario na Biblioteca, e convidámosvos a participar nas actividades conmemorativas:

Nomearemos aos nosos "Socios de Honra 2018", que serán aqueles 3 usuarios infantís e 3 usuarios adultos con máis préstamos durante o ano 2017, os nosos “Superlectores”!!

Ao longo deste ano, estes “Superlectores” poderán retirar en préstamo un maior número de obras:

- Socio de Honra Adulto: ata 25 exemplares para escoller entre 10 libros prestables de adultos, 10 libros prestables infantís, 15 materiais especiais (música, películas, xogos de ordenador e de videoconsola), e 6 publicacións periódicas prestables.
- Socio de Honra Infantil: ata 20 exemplares para escoller entre 10 libros prestables infantís, 15 materiais especiais (música, películas, xogos de ordenador e de videoconsola), e 6 publicacións periódicas prestables.

A condición de "Superusuario" terá unha duración dun ano, ata o vindeiro Día do Usuario no 2019.
Ademáis incrementaremos o número de obras que se poden levar en préstamo durante este día para todos os lectores e lectoras que se acheguen a Biblioteca a celebrar esta conmemoración:

- Adultos: ata 25 exemplares para escoller entre 10 libros prestables de adultos, 10 libros prestables infantís, 15 materiais especiais (música, películas, xogos de ordenador e de videoconsola) e 6 publiciacións periódicas prestables.

- Público infantil: ata 20 exemplares para escoller entre 10 libros prestables infantís, 15 materiais especiais e 6 publicacións periódicas prestables.

Sen olvidar que todos os usuarios e usuarias poderán solicitar ese día 2 obras en préstamo intrabibliotecario.

Para rematar teremos visitas guiadas ás 12:00 e ás 18:00 h., abertas a todo o público que desexe coñecer os servizo, espazos e coleccións que ofrece a nosa Biblioteca.


mércores, 3 de xaneiro de 2018

A cita da semana


martes, 2 de xaneiro de 2018

Xa temos a gañadora do Reto de Lectura!


E a gañadora foi María Rocío Moreiras Praza! Noraboa!

Podes pasar a recoller o teu agasallo o xoves 4 de 9:00 a 21:00 h.

Moitas grazas a todos os que participastes no noso Reto de Lectura 2017, esperamos que supuxera unha boa experiencia e vos anime a seguir gozando do pracer da lectura.


Nuestra casa en el árbol, de Lea Vélez

Tras a morte do seu marido, Ana decide que a vida de cidade, as mil extraescolares, os problemas educativos, os infinitos deberes repetitivos e a dislexia galopante do seu fillo maior son demasiado para ela. Non pode máis. Non ten tempo para vivir do modo que o sistema lle impón e á vez estar cos seus nenos. Entendendo que ela é a mellor «profesora de extraescolar» para eles, decide romper con todo. Escapa dun mundo derruido e cheo de dor, vende todo o que a ata a Madrid e márchase ao sur de Inglaterra, ao hostal inglés que o seu marido deixoulle en herdanza.

Alí, en Hamble-lle-Rice, un bucólico pobo de pedernal xunto á desembocadura do río Hamble, Ana crea un mundo de humor, unha contorna irreverente e liberal, nunha antiga escola de carpintería situada no bordo mesmo da auga.

Os seus fillos, Michael, Richard e María, grazas á súa vida en plena liberdade, extraerán das súas aventuras e experiencias persoais as súas propias vocacións e destinos, demostrando que a excelencia pode alcanzarse a través da sinxeleza, sen sacrificar a infancia en favor do futuro.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N VEL nue novidades