luns, 4 de decembro de 2017

Un lugar pagano, de Edna O'Brien

Velaquí una das grandes novelas irlandesas de todos os tempos, comparada a miúdo co "Retrato del artista adolescente" de James Joyce, e tan emocionante como "Dublineses". Unha moza lembra a súa difícil, e á vez fascinante, nenez na Irlanda rural dos anos trinta e corenta: os rituais da vida no pobo, as persoas que coñeceu e amou, a encantadora beleza da paisaxe. Pero tamén lembra que a levou a abandonar o seu fogar para sempre, aquel instante exacto: o indicible misterio da súa familia.

Nesta extraordinaria novela autobiográfica, Edna O'Brien fálanos, cunha voz feminina tan sutil como poderosa, acerca da sexualidade e a morte, a familia e a iniciación á vida. Trátase, en certo xeito, dun libro sobre como crecemos, sobre como se crea a nosa identidade; e, tamén, sobre a difícil vida das mulleres nun tempo cheo de conflitos dun tipo ou outro.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N OBR lug novidades vida cotiá





Ningún comentario: