mércores, 13 de decembro de 2017

Participa no sorteo do Reto de Lectura 2017


A principios deste ano propuxémosvos un reto lector, e agora que xa vai rematando 2017 é hora de participar no noso sorteo entre todos os que o cumpristes. Como xa sabedes, para participar había que ler 14 títulos distintos ao longo de 2017. Pero non 14 títulos calquera, senón que cumpriran os seguintes requisitos:

1. Un libro que entrase como novidade á biblioteca.

2. Un libro de non ficción (ensaio, historia, ciencia, etc.)

3. Un libro dalgún dos puntos de interese da biblioteca.

4. Un libro en galego.

5. Un libro dunha autora africana.

6. Un libro dun autor que gañase un premio nos últimos 15 anos.

7. Un libro de poesía.

8. Un álbum ilustrado.

9. Un clásico esquecido.

10. Un libro que debías ler e non liches.

11. O libro favorito dalgún familiar ou amigo.

12. Un libro cuxo protagonista estea de vacacións.

13. Un libro cuxo autor sexa da túa cidade.

14. Un libro escrito por unha muller antes de 1900.

E como podedes participar no sorteo? Moi sinxelo... Facer clic aquí e completar o formulario cos vosos datos persoais e os títulos dos libros, ata o xoves 28. O venres 29 sortearemos un agasallo entre todos os participantes, do que faremos entrega o 4 de xaneiro.

Moita sorte a todos!


Ningún comentario: