martes, 12 de decembro de 2017

Fruta prohibida, de Jeanette Winterson

Nos momentos cruciais da súa infancia, Jeanette Winterson sempre tiña a man unha laranxa: agarrábaa, pelábaa e comíaa coma se esta peza de froita fóra a consolala de todos os seus males. Máis tarde descubriu que existía froita distinta, máis saborosa, pero había que comela ás agachadas, lonxe das críticas da xente e da mirada inquisidora da súa nai; era froita prohibida, pero valía a pena correr o risco e gozar daquela delicia.

Adoptada por un matrimonio evanxélico dunha pequena cidade industrial inglesa, Jeanette Winterson creceu á sombra do fervor relixioso de toda unha comunidade. Os primeiros anos da súa vida foron un ir e vir entre fregueses seducidos polos sermóns e as palabras da Biblia, o único libro que circulaba pola súa casa, pero cando tiña pouco máis de dez anos a nena soubo que ela era distinta e que as leis do seu corpo levaríana a descubrir outra forma de amar.

Jeanette foise da cidade, e cando tiña vinte e catro anos escribiu "Fruta prohibida", esta conmovedora crónica do paso da adolescencia á idade adulta que entusiasmou aos lectores de entón e segue sendo unha guía espléndida para camiñar pola vida.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N WIN fru novidades vida cotiá





Ningún comentario: