venres, 24 de novembro de 2017

Na sala de audiovisuais... Life (Vida)

Roy Adams (Ryan Reynolds), David Jordan (Jake Gyllenhaal) e a tripulación da Estación Espacial Internacional viaxan a Marte co obxectivo de comprobar se as mostras recollidas no planeta vermello presentan indicios de vida intelixente. Cando un dos científicos a bordo examina a única célula atopada, todo o equipo presencia un feito insólito: a proba incuestionable de que hai vida extraterrestre.

Ante o seu asombro, deciden examinar e establecer o primeiro contacto co organismo alieníxena. Desgraciadamente, o grupo de astronautas descubrirá demasiado tarde que esta forma de vida é máis intelixente do que esperaban, ata tal punto que as súas vidas poderían estar en grave perigo. Se ese ente microscópico chega á Terra podería poñer en perigo toda existencia humana. Cal é exactamente a ameaza á que se enfrontan? Como lle farán fronte?



Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
C. FICCIÓN LIF novidades


Desfruta do trailer


(fuente: Sensacine)


Ningún comentario: