xoves, 30 de novembro de 2017

Novidades no fondo de adultos: Ficción

Rematamos o mes de novembro cunhas cantas novidades, desas que estades desexando ler... Grandes historias para evadirnos da vida cotiá. Premendo nas imaxes podédes consultar se están dispoñibles ou ben facer unha reserva dende o catálogo.

Novidades Ficción



mércores, 29 de novembro de 2017

A cita da semana


martes, 28 de novembro de 2017

El corazón de los hombres, de Nicholas Butler

Verán de 1962. Nelson, un mozo de trece anos, é o corneta dun campamento de boy scouts. As súas medallas, a súa habilidade para acender o lume e o celo co que desempeña as súas tarefas non son a mellor maneira de gañarse amigos. Só Jonathan, o mozo máis popular do campamento, préstalle un pouco de atención: é o único que se acorda dos seus aniversarios e o único que o defende dos abusones. Jonathan e Nelson non o saben aínda pero na súa infancia forxarán unha amizade que resistirá o paso do tempo e que lles axudará a soportar os golpes que a vida ten reservados para eles.

Tres xeracións de homes enfróntanse ás súas fraquezas nese territorio, non sempre ben delimitado, que separa o heroico do covarde, o ben do mal, a fidelidade da traizón. Unha inesquecible novela sobre as dificultades e as recompensas das grandes amizades.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N BUT cor novidades vida cotiá





luns, 27 de novembro de 2017

"Ioga en inglés para nenos e pais" con Maki Otomo



Nenos de 4 a 12 anos,
acompañados dun adulto

Inscripción aberta desde hoxe 

10 prazas

Venres 1 - 18:00 - Ludoteca



Ioga é o proceso de volver ao fogar de quen es realmente.

Move o teu corpo, respira máis profundo e medita en paz.

Non é necesario entender inglés.

Podemos mirar, sentir e probar posturas de ioga fáciles xuntos!




venres, 24 de novembro de 2017

Na sala de audiovisuais... Life (Vida)

Roy Adams (Ryan Reynolds), David Jordan (Jake Gyllenhaal) e a tripulación da Estación Espacial Internacional viaxan a Marte co obxectivo de comprobar se as mostras recollidas no planeta vermello presentan indicios de vida intelixente. Cando un dos científicos a bordo examina a única célula atopada, todo o equipo presencia un feito insólito: a proba incuestionable de que hai vida extraterrestre.

Ante o seu asombro, deciden examinar e establecer o primeiro contacto co organismo alieníxena. Desgraciadamente, o grupo de astronautas descubrirá demasiado tarde que esta forma de vida é máis intelixente do que esperaban, ata tal punto que as súas vidas poderían estar en grave perigo. Se ese ente microscópico chega á Terra podería poñer en perigo toda existencia humana. Cal é exactamente a ameaza á que se enfrontan? Como lle farán fronte?



Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
C. FICCIÓN LIF novidades


Desfruta do trailer


(fuente: Sensacine)


xoves, 23 de novembro de 2017

A cita da semana




mércores, 22 de novembro de 2017

Mesa de conversa en inglés



Mañá, xoves 23, temos unha nova Mesa de Conversa en Inglés

Vide compartir un rato agradable mentres practicades o idioma, co apoio de Keyla James, voluntaria cultural.

Esperámosvos ás 19:30
na Sala multiusos da Biblioteca.



martes, 21 de novembro de 2017

El soborno, de John Grisham

Lacy Stoltz é unha moza investigadora e avogada de Florida, e o seu traballo consiste en responder as demandas relacionadas coa mala praxe xudicial. Tras nove anos no posto, sabe que a maior parte dos problemas derivan de incompetencias.

De súpeto chégalle un caso de corrupción. Greg Myers afirma coñecer un xuíz de Florida que roubou máis diñeiro que o resto dos xuíces pouco honestos xuntos. Estaba involucrado en segredo coa construción dun gran casino en terras indíxenas. A mafia financiou o casino e agora leva cada mes unha boa tallada da caixa mensual. O xuíz tamén leva o seu parte e mira cara a outro lado. Todos contentos.

Pero agora Greg quere poñer punto final a esta situación. O seu único cliente coñece a verdade e quere contalo todo. Greg presenta unha denuncia e o caso asígnaselle a Lacy Stoltz, quen de inmediato sospeita que pode ser perigoso. Pero o perigo é unha cousa e a morte, outra moi distinta.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N GRI sob novidades intriga e misterio





luns, 20 de novembro de 2017

"Contos para bebés" con Pavís Pavós



Nenos de 0 a 3 anos

Inscripción aberta desde hoxe 

20 prazas

Venres 24 - 18:00 - Ludoteca




Contos, xogos e cancións para desfrutar en familia.





venres, 17 de novembro de 2017

Na sala de audiovisuais... Un hombre llamado Ove

Ove (Rolf Lassgård) non é o típico veciño co que che apetece cruzarche no barrio. É case un sesentón, cascarrabias, solitario e resentido co mundo, un home que foi cesado como presidente da asociación de veciños. Claro que na vida de Ove algo está a piques de cambiar. Cando Parvaneh (Bahar Pars), unha rapaza embarazada, múdase xunto á súa familia, forxarase entre ambos unha inesperada amizade que cambiará a vida de Ove, devolvéndolle aos poucos a fe no xénero humano. E é que, a medida que el cambia, tamén o farán as persoas á súa ao redor, que empezan a comprender que o seu barrio non sería o mesmo sen este vello rosmón porque, ao final, todo o mundo quere a Ove.


Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
COMEDIA HOM novidades


Desfruta do trailer


(fuente: Sensacine)


xoves, 16 de novembro de 2017

Eva, de Arturo Pérez-Reverte

Marzo de 1937. Mentres a Guerra Civil segue o seu tráxico curso, unha nova misión leva a Lorenzo Falcó ata Tánxer, turbulenta encrucillada de espías, tráficos ilícitos e conspiracións, co encargo de conseguir que o capitán dun barco cargado con ouro do Banco de España cambie de bandeira. Espías nacionais, republicanos e soviéticos, homes e mulleres, enfróntanse nunha guerra escura e sucia na que acabarán regresando perigosas pantasmas do pasado.

Tras o éxito internacional de Falcó, realidade e ficción volven enlazarse maxistralmente co talento literario de Arturo Pérez-Reverte nesta asombrosa novela de lectura fascinante.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N PER eva novidades





mércores, 15 de novembro de 2017

Desfruta do jazz

Esta semana celébrase o XXVII Festival de Jazz de Lugo, e se sodes fans deste xénero musical ou queredes descubrir novos sons, aquí vos deixamos algunhas suxerencias que podédes atopar na nosa sala de audiovisuais...




martes, 14 de novembro de 2017

Certame de Poesía Infantil "Nadal 2017"



Un ano máis, co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, convocamos o Certame de Poesía Infantil "Nadal 2017".

Nel poden participar todos os nenos e rapaces socios da Biblioteca, con poemas do tema xenérico "O Nadal". Cada neno poderá presentar cantos traballos desexe, cada un deles acompañado dunha solicitude de inscrición, e os poemas deberán estar escritos en galego e cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara.

Haberá 3 categorías:

A -- nenos ata 8 anos

B -- nenos de 9 a 11 anos

C -- rapaces de 12 a 16 anos

O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro 23 de decembro, debendo estar entregados na Biblioteca nesa data.

Un xurado escollerá os traballos premiados, cun máximo de tres por categoría, e os gañadores recibirán cadanseu diploma e lote de libros. O veredicto do xurado faráse público na primeira quincena de xaneiro de 2018.

Os traballos premiados nesta Fase Local participarán na Fase Provincial do Certame. Ademáis, os traballos premiados pasarán a ser propiedade da Biblioteca que se reserva o dereito de publicación dos mesmos.


luns, 13 de novembro de 2017

Espectáculo "O cubo máxico" con Raymon



Para todos os públicos

Ata completar aforo 

Venres 17 - 18:00 - Salón de Actos




Descobre o mundo do cubo máxico.

 Se queres coñecer o fascinante mundo dos cubos de rubik, ou se xa es un apaixonado do mesmo, encantarache a visión particular de Raymon, especialista en facer maxia con cubos de Rubik, conseguindo sorprender ao público con efectos moi novos e orixinais.

Os cubos ordénanse mágicamente e obedecen as súas ordes, creando un dos efectos máis sorprendentes dos últimos anos.



venres, 10 de novembro de 2017

Na sala de audiovisuais... Locas de alegría

Noutros tempos, Beatrice (Valeria Bruni Tedeschi) gozou como condesa dun gran esplendor económico e social. Agora, vive internada en Vila Biondi, unha institución mental onde tratan a súa esquizofrenia. Ao centro chega unha nova interna, Donatella (Micaela Ramazzotti), unha muller cun duro pasado e unha situación mental moi delicada. Aínda que con personalidades completamente opostas, entre as dúas mulleres xorde unha relación moi especial, que lles levará por camiños insospeitados.

E é que, cando os responsables da institución concédanlles unha saída transitoria para traballar nunha feira de produtos naturais, ambas aproveitarán a ocasión para fuxirse e iniciar toda unha aventura.


Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
COMEDIA LOC novidades


Desfruta do trailer


(fuente: Sensacine)


xoves, 9 de novembro de 2017

A cita da semana



mércores, 8 de novembro de 2017

Mesa de conversa en inglés



Mañá, xoves 9, temos unha nova Mesa de Conversa en Inglés

Vide compartir un rato agradable mentres practicades o idioma, co apoio de Keyla James, voluntaria cultural.

Esperámosvos ás 19:30
na Sala multiusos da Biblioteca.



martes, 7 de novembro de 2017

Por encima de la lluvia, de Víctor del Árbol

Miguel e Helena coñécense nunha residencia de anciáns en Tarifa, a unha idade na que cren vivilo todo xa. A Miguel asústalle voar. A Helena dálle pánico o mar. Os dous teñen fillos adultos e senten que lles relegaron a un plano case ornamental. O dramático suicidio dun compañeiro da residencia ábrelles os ollos. Non queren pasar os seus últimos días lembrando e estrañando tempos supostamente mellores. E xuntos decidirán emprender a viaxe das súas vidas, no que descubrirán que nada é defi nitivo mentres queden ilusións que perseguir.

Mentres tanto, na afastada cidade sueca de Mälmo, a moza Yasmina, filla de inmigrantes marroquís e que soña con ser cantante, vive atrapada entre o coidado do seu autoritario avó Abdul e o desprezo da súa nai, para quen Yasmina é unha vergoña porque traballa para un sueco de pasado turbio. E vive un romance secreto co subcomisario da Policía sueca, un home maior e importante.

Estes tres personaxes debuxan unha historia sobre o sentido do amor e sobre o extraordinarias que poden chegar a ser as persoas comúns.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N ARB por novidades intriga e misterio





luns, 6 de novembro de 2017

Estamos de aniversario, 30 anos xa!




Espectáculo "Maxia ou Ciencia?" con David Méndez



Para todos os públicos
maiores de 3 anos

Ata completar aforo 

Venres 10 - 18:00 - Salón de Actos





Unha viaxe ao fascinante mundo da ciencia desde a perspectiva dun mago do século XXI. Embárcate nesta experiencia ilusionante onde non saberás onde acaba a ciencia e comeza a maxia..




venres, 3 de novembro de 2017

Na sala de audiovisuais... El guardián invisible

En Navarra, nas marxes do río Baztán aparece o corpo espido dunha moza adolescente asasinada en estrañas circunstancias. A inspectora Amaia Salazar (Marta Etura), que estudou en Virginia co FBI, é enviada desde Pamplona a Elizondo como responsable do equipo que investigará o caso. Este lugar ao que Amaia sente tan vinculada, xa que é o pobo onde naceu e do que sempre quixo fuxir, traeralle á membro da Policía Foral os seus recordos de infancia máis tristes, escondidos nun lugar recóndito da súa mente. A investigación descubrirá moi pronto a figura dun asasino en serie, que segue acabando coa vida das mozas cun rechamante modus operandi.

A policía terá que descubrir a contrareloxo ao responsable, antes de que siga actuando. Polo camiño a mitoloxía das terras do Norte fará que as figuras fantásticas sorprendan aos protagonistas.



Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
CINE ESPAÑOL GUA novidades


Desfruta do trailer


(fuente: Sensacine)


xoves, 2 de novembro de 2017

A cita da semana