martes, 31 de outubro de 2017

Pecado, de Benjamin Black


1957. Unha crúa mañá de inverno, o cadáver dun cura católico aparece no medio dun charco de sangue na biblioteca de Ballyglass House, a casa solariega dos Osborne, da antiga baronía de Scarawalsh, no condado irlandés de Wexford. Ao pai Tom Lowless -amigo do coronel Osborne, cabeza da familia propietaria da mansión- asasinárono. O inspector Strafford é enviado polo seu superior en Dublín ao lugar dos feitos, unha morada inhóspita e decadente.

Con todo, o policía intúe que o seu superior non desexa ensuciarse as mans nun caso que promete ser tremendamente delicado, xa que a Igrexa católica segue dominando o país con puño de ferro, á vez que os aristocráticos Osborne gozan dunha reputación inmaculada na zona (a pesar dos problemas financeiros que atravesan no presente). Strafford, coa axuda do oficial Jenkins, non tardará en ver confirmadas as súas sospeitas, empezando pola forma neglixente con que se tratan as probas, as ordes estrañas que recibe e as presións que chegan de todos lados para que terxiverse por completo a versión oficial de tan luctuosos feitos.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N BAL pec novidades intriga e misterio



Ningún comentario: