martes, 29 de agosto de 2017

Tantos días felices, de Laurie Colwin

Guido e Vincent son amigos desde nenos, estudan en Cambridge (Massachusetts) e comparten soños: Guido quere escribir poesía e a Vincent gustaríalle gañar o Premio Nobel de Física. Cando Guido atópase coa extravagante Holly á saída dun museo namórase perdidamente dela, pero presente que non terán unha relación fácil. Vincent, máis aberto e alegre, coñece a Misty no traballo e, aínda que ela é unha misántropa terrible, estaría disposto a dalo todo por saír con ela.

A través das relacións destes personaxes, dos seus cortexos, celos, rupturas e reconciliacións no Nova York de finais dos setenta, "Tantos días felices" retrata a catro persoas intelixentes e bienintencionadas que non poden deixar de crer no amor. Unha mestra na narración de sentimentos e relacións afectivas, Laurie Colwin é un dos segredos mellor gardados da literatura norteamericana. A súa prematura morte en 1992 privoulle do éxito que sen dúbida merecía; aínda así, o número de devotos das súas peculiares comedias de costumes non deixou de crecer desde entón.



Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N COL tan novidades vida cotiá





Ningún comentario: