venres, 18 de agosto de 2017

Na sala de audiovisuais... Vuelta a casa de mi madre

Stéphanie Mazerin vese obrigada aos seus corenta anos a volver vivir coa súa nai Jacqueline. Ao principio todo parece normal, pero a convivencia non será fácil. Jacqueline é unha muller con carácter e leva un estilo de vida bastante peculiar. Cando a súa filla, por exemplo, decide crear unha conta de e-mail para a súa nai, convértese en toda unha fazaña. O seu día a día inclúe ademais escoitar a música de Francis Cabrel en bucle, partidas de Scrabble insoportables e prezados consellos maternais sobre como comportarse na mesa ou de que forma debe levar a súa vida. Pero aí non acaba todo. Toda clase de segredos familiares sairán á luz nunha cea familiar, pero da forma máis estimulante.


Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
COMEDIA VUE novidades


Desfruta do trailer


(fuente: Sensacine)


Ningún comentario: