xoves, 17 de agosto de 2017

Clubes de lectura na Biblioteca


No mes de setembro abrimos a inscripción para os nosos clubes de lectura: adultos, inglés e cómic.

Club de lectura de Adultos

Para maiores de 18 anos, terá lugar un xoves cada quince días, comezando o 19 de outubro. Nas reunións os lectores debaten sobre o que leron, o estilo literario, a acción e os personaxes. O obxectivo é ler, discutir e aprender dun libro.

Se estás interesado en formar parte deste club de lectura, podes anotarte cubrindo este formulario (a partir de setembro). A admisión será por orde de presentación da solicitude e só serán avisadas as persoas admitidas.


Club de lectura de Inglés

Para maiores de 18 anos, terá lugar o primeiro luns de cada mes de 17:30 a 19:00 horas, comezando o luns 2 de outubro. Este club permíteche combinar o gusto por ler co reto de perfeccionar a lingua inglesa, por medio da lectura, discusión e aprendizaxe a través dun libro.

Podes anotarte cubrindo este formulario (a partir de setembro). A admisión será por orde de presentación da solicitude e só serán avisadas as persoas admitidas.




Club de lectura de Cómic

Dirixido a público adulto, terá lugar o terceiro mércores de cada mes, sendo a primeira sesión o 18 de outubro. O club de lectura de cómic é un espazo participativo e de reunión no que intercambiar ideas, experiencias e sensacións ao redor de una mesma paixón, as novelas gráficas e os cómics.

Podes anotarte cubrindo este formulario (a partir de setembro). A admisión será por orde de presentación da solicitude e só serán avisadas as persoas admitidas.




Ningún comentario: