miércoles, 7 de junio de 2017

Recordarán tu nombre, de Lorenzo Silva

Nesta novela, Lorenzo Silva narra en primeira persoa como descubriu un dos momentos máis heroicos e tráxicos da historia española, sorprendentemente esquecido por case todos. Un suceso crave marcado polo antagonismo entre dous homes. A historia da sublevación militar en Barcelona o 19 de xullo de 1936, do desafío do xeneral Goded á legalidade republicana e da decisión do xeneral Aranguren, o máximo responsable da Garda Civil, que optou por defender a democracia.

A negativa de Aranguren a colaborar co alzamento e o seu fi delidad á República forman parte da nosa historia, pero dunha parte moi pouco contada. E o feito de que este sexa un dos nosos episodios máis descoñecidos e incómodos convérteo nun dos mellores relatos que pode darnos a literatura sobre a guerra civil.

Esta é a historia dun heroe esquecido. Un home que foi capaz de antepoñer a lealdade e o seu sentido do deber ás ordes de quen acabaría facéndose co poder.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N SIL rec novidades biográfica





No hay comentarios: