viernes, 23 de junio de 2017

Na sala de audiovisuais... Comanchería

Tanner (Ben Foster) e Toby Howard (Chris Pine) son dous irmáns que viven no estado de Texas e que se propuxeron atracar o maior número de bancos da zona nun breve período de tempo. Pero eles non son atracadores profesionais, un é un ex convicto e o outro é un pai divorciado con dous fillos. O seu obxectivo é reunir a cantidade de diñeiro necesaria para non perder a granxa familiar que o banco lles reclama por falta de pagamento, e que é o único que teñen e polo que loitaron toda a vida. O seu plan: pagar ao banco coa mesma moeda. Iso si, será unha carreira a contrarreloxo porque os Rangers de Texas, co veterano Marcus Hamilton (Jeff Bridges) á cabeza, estánlles a pisar os talóns e non se darán por vencidos ata que os atrapen.


Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
AVENTURAS COM novidades



Desfruta do trailer


(fuente: Sensacine)


No hay comentarios: