viernes, 5 de mayo de 2017

Na sala de audiovisuais... La llegada

Doce naves alieníxenas de máis de 450 metros de altura chegaron á Terra, situándose en diversos puntos do planeta. A reputada experta en lingüística Louis Banks (Amy Adams) é entón contratada polo Goberno dos EE.UU, co fin de descifrar e traducir a mensaxe que os extraterrestres tentan transmitir á humanidade.

Louise viaxará ata Montana, Estados Unidos, xunto ao científico Ian Donnelly (Jeremy Renner), para tentar establecer unha comunicación cos "visitantes". Xuntos tentarán atopar respostas a este sorprendente suceso. Por que viñeron os 
alieníxenas? Queren invadir o planeta? Cales son realmente as súas intencións? Ante a ameaza dunha posible guerra mundial, os líderes dos grandes países deben chegar a un acordo para que a situación non se complique aínda máis e, así, evitar un conflito cuxas consecuencias poderían ser catastróficas.


Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
C. FICCIÓN LLE novidades


Desfruta do trailer


(fuente: Sensacine)


No hay comentarios: