martes, 16 de mayo de 2017

Derecho natural, de Ignacio Martínez de Pisón

Á vez que pasa da infancia á idade adulta nunha España en pleno proceso de apertura tras a Transición, no interior de Anxo, o protagonista de "Derecho natural", latexa a imperiosa necesidade de dotar de sentido ás cousas, de atopar unha orde, dado que a súa familia foi un modelo de inestabilidade e desorde.

O pai, errático actor de películas de serie B e imitador de Demis Roussos, ten unha irrefreable tendencia á fuxida. As súas aparicións e desaparicións estelares deixan pegadas invisibles pero indelebles en cada un dos seus catro fillos. A nai, pola súa banda, é unha muller namorada que, farta de crer nel, terá que facer esforzos sobrehumanos para tomar as rendas da súa propia vida nunha España que aínda non espertou do todo do franquismo. A través da voz conciliadora de Anxo, que estudará Dereito e buscará unha reconciliación co pai, asomámonos á Barcelona dos anos setenta e ao Madrid dos oitenta.

"Derecho natural" recolle no seu título aqueles anos en que se empezou a construír un desenvolvemento lexislativo pleno, en aberta contradición co longo tempo en que non había coincidencia entre dereito e xustiza.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N MAR der novidades vida cotiá





No hay comentarios: