martes, 23 de mayo de 2017

Corazón de vinagre, de Anne Tyler

Kate Battista anda pola vida co paso firme de quen nunca dúbida, pero procura que o seu pelo longo caia cara adiante para esconder a súa mirada angustiada. Como é posible que unha muller feita e dereita acabase facéndose cargo dunha familia excéntrica, onde todo parece gobernado polas fórmulas científicas do pai e os caprichos dunha irmá adolescente? Por se iso fose pouco, no parvulario onde traballa as cousas non están no seu mellor momento: os nenos adórana, pero os seus pais non aprecian certas opinións de Kate, que peca dunha insólita sinceridade.

Un bo día, alguén aparece no horizonte e na mesa de Kate cunha bolsa chea de barritas de chocolate: é Pioter Cherbakov, o home que asiste ao seu pai no laboratorio, un lugar inhóspito onde os dous traballan arreo para levar adiante un experimento moi importante. Pioter vén de lonxe, o seu permiso de residencia está a piques de caducar e botarano do país a menos que o mozo e brillante investigador non teña motivos familiares para quedar, e o doutor Battista atopou unha solución enxeñosa...

Kate indígnase, protesta, pero haberá que ler ata a última páxina desta brillante versión da fierecilla domada de William Shakespeare para saber como Anne Tyler seguiu os fíos dunha historia clásica e finalmente fíxoa moi súa e moi fermosa.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N TYL cor novidades vida cotiá





No hay comentarios: