viernes, 28 de abril de 2017

Na sala de audiovisuais... Sully

O 15 de xaneiro de 2009 o mundo enteiro foi testemuña do chamado "Milagre no Hudson", un accidente que podía acabar en traxedia de non ser polo piloto norteamericano Chesley Burnett "Sully" Sullenberger (Tom Hanks). Este home logrou realizar unha perigosa manobra con éxito: aterrar de emerxencia un Airbus A320 nas xeadas augas do río Hudson, despois de que unha bandada de gansos chocase contra os motores.

Sully, que se viu obrigado a tomar drásticas medidas para evitar unha morte segura, logrou salvar a vida dos 155 pasaxeiros e tripulantes que ían a bordo. Tras esta asombrosa fazaña sen precedentes, o piloto converteríase nun heroe nacional. Con todo, posteriormente desencadearíase un drama que afectou á súa reputación. Así, Sullenberger tivo que facer fronte a multitude de entrevistas e xuízos para esclarecer o ocorrido, que marcaron a súa vida tanto persoal como profesional.



Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
DRAMA SUL novidades


Desfruta do trailer


(fuente: Sensacine)


No hay comentarios: