miércoles, 12 de abril de 2017

Na sala de audiovisuais... Florence Foster Jenkins

Nova York, anos 40. Florence Foster Jenkins (Meryl Streep) é unha madura millonaria neoiorquina que desexa, custe o que custe, dar o salto á ópera. Só hai un pequeno problema: as súas habilidades para o canto son totalmente nefastas. Pero ao seu socio e mánager, St. Clair Bayfiled (Hugh Grant) non lle interesa ese detalle en absoluto, mentres que haxa un cheque que compense a tortura.


Bayfiled convencerá a Florence da súa grandeza, e grazas á herdanza millonaria que recibe tras o falecemento do seu pai, a peculiar cantante financiarase a súa carreira musical. A pesar de non ter ningún talento para iso, isto non será problema para manter o seu éxito e que a xente acuda aos seus recitais, aínda que só sexa para comprobar se realmente é tan mala como se di.



Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
COMEDIA FLO novidades


Desfruta do trailer


(fuente: Sensacine)


No hay comentarios: