lunes, 10 de abril de 2017

El monarca de las sombras, de Javier Cercas

"El monarca de las sombras" narra a procura do rastro perdido dun raparigo case anónimo que pelexou por unha causa inxusta e morreu no lado equivocado da historia. Chamábase Manuel Mena e en 1936, ao estalar a guerra civil, incorporouse ao exército de Franco; dous anos despois morreu combatendo na batalla do Ebro, e durante décadas converteuse no heroe oficial da súa familia. Era tío avó de Javier Cercas, quen sempre se negou a indagar na súa historia, ata que sentiu obrigado a facelo.

O resultado desa indagación é unha novela absorbente, pletórica de acción, de humor e de emoción, que nos enfronta a algúns dos temas esenciais da narrativa de Cercas: a natureza radiante, poliédrica e misteriosa do heroísmo, a terca pervivencia dos mortos e a dificultade de facerse cargo do pasado máis incómodo.

Exploración á vez local e universal, persoal e colectiva, novela belicosamente antibelicista, "El monarca de las sombras" dá unha volta de porca inesperada e cegadora á pregunta sobre a herdanza da guerra que Cercas abriu anos atrás con "Soldados de Salamina".


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N CER mon novidades histórica





No hay comentarios: