martes, 25 de abril de 2017

El chal, de Cynthia Ozick

Un trapo que gotea leite, o sabor estraño dun dedo na boca, un lugar sen piedade envolto en arames e tres nomes que estalan na escuridade: Rosa, Stella e Magda. Foron os tempos sen sentido nun campo de concentración onde o horror repartíase a granel, pero houbo quen logrou sobrevivir, levar a súa traxedia lonxe e ganduxar un futuro.

Stella agora está en Nova York e inventouse unha vida nova. Magda... Magda era moi nena cando todo pasou. Rosa foi rodando como un botón maltreito ata as costas de Florida, e cultiva a súa extravagante cordura polas rúas de Miami. Para ela non hai futuro porque todo é pasado e a memoria, terca, insiste en devolverlle aquel chal sucio con sabor a leite e saliva...

Con esas poucas cousas, case nada para case ninguén, Cynthia Ozick construíu en 1977 esta peza única na literatura do século XX, e Óscar Astromujoff iluminou as súas palabras cunhas imaxes que indignan e emocionan.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N OZI cha novidades



No hay comentarios: